Mostrar mensagens com a etiqueta castelanismos. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta castelanismos. Mostrar todas as mensagens

quarta-feira, 23 de setembro de 2026

O dicionario castelán-galego da RAG

 


Escrito por L. C. Carballal 

Acaba de se pór na Rede a nova versión do Dicionario bilingüe castelán-galego da RAG (DRAGBIL), que xa non era sen tempo. Como seguea se demorar a ”gramática oficial do galego”, cando xa tódalas demais linguas españolas contan con unha, mesmo linguas sen status de oficialidade como o asturiano ou o aragonés. 

Sinto ser un estragafestas, mais a iniciativa, en principio boa, chega con grandes carencias a pouco que examinemos o dicionario. Que esta nova versión do anterior dicionario bilíngüe castelán-galego chegue aos 26.000 lemas cando o anterior, en formato libro, tiña 25.000 di moito ou máis ben moi pouco do traballo feito, dado que a anterior versión se publicou no 2004: en máis de vinte anos unicamente engadiron mil lemas máis! Pro as carencias non só numéricas, senón tamén do tratamento lexicográfico das propias entradas. 

Comprobemos con algúns exemplos as insuficiencias do novo dicionario:

Tomamos catro palabras sinónimas ou case do dicionario da RAE (DLE): antinatural, contranatural, desnatural e innatural, destas só unha existe no dicionario da RAG: contranatural, pola contra, as catro si figuran no dicionario Estraviz: antinatural, contranatural, desnatural e inatural; se queremos ver a súa tradución no DRAGBIL unicamente podemos en antinatural e contranatural, as únicas que figuran e resulta sorprendente que neste dicionario se acepte “antinatural” como palabra galega, cando non se recolle no dicionario xeral da RAG, así mesmo no Rinodicionario castelán-galego hai tradución pra antinatural e contranatural, mais tampouco pra desnatural nin innatural, adxectivos perfeitamente válidos na lingua portuguesa, onde, por certo, “desnatural” non é unha verba en desuso coma en castelán. 

Queremos traducir un texto que nos fala das cinco especies de álcidos que se presentan máis comunmente nas nosas costas, en castelán: alca común, arao aliblanco, arao común, frailecillo atlántico e mérgulo atlántico; cuxas denominacións galegas son segundo a listaxe dos ”Nomes galegos das aves de Galicia e de España” (NGAGE) da RAG: arao carolo, arao de ás/alas brancas, arao dos cons, arao papagaio e araíño atlántico; e ao consultarmos o DRAGBIL obtemos estes resultados paupérrimos resultados: alca – ø, arao – ø, frailecillo – arao e mérgulo – ø; claro que se consultamos o DRAG a palabra “arao” non acharemos ningunha distinción de especies, aínda que na entrada “carolo” encontramos a descrición da Alca torda na súa acepción 11. No Rinodicionario achamos estes: alca común – arao romeiro, arao – ø, frailecillo atlántico – arao papagaio / arao de altura e mérgulo – ø. E temos que recorrer ao dicionario Estraviz pra atoparmos as varias denominacións pras cinco especies consultando as voces: arau, airo ou papagaio-do-mar, mais isto esixe ter coñecemento destes nomes galego-portugueses. Resúltame penoso comprobar a total descoordinación entre os diferentes dicionarios e vocabulario da propia RAG, pois nada máis sinxelo que incorporar a listaxe cos nomes das aves en galego tanto ao dicionario xeral coma ao bilíngüe. 

Buscamos a tradución de “habitación” nas acepcións de “parte tabicada dunha vivenda fóra das destinadas a cociña, baño e corredor” e nos dá: cuarto, peza e estancia; e na de “parte dunha casa pra durmir” e dá: cuarto e dormitorio. Nesta última acepción o dicionario da RAG ofrece tres sinónimos máis: alcoba, apousento e cámara. Se os buscamos por alcoba, aposento e cámara no dicionario bilíngüe aparecen as tres palabras, así: alcoba – alcoba e dormitorio; aposento – apousento, alcoba, cuarto e dormitorio; e cámara – cámara; pro non en “dormitorio” que só ofrece dormitorio e cuarto. Os sinónimos deben selo en calquera dos lemas. 

O verbo “ulir” só é sinónimo de “cheirar” en dúas acepcións, segundo o DRAG: “percibir olor” e “despedir olor”, no resto das acepcións unicamente “cheirar” é admitido; mais no DRAGBIL amplíase a sinonimia de “ulir” con “cheirar” a “dar indicio de algo”, algo non recollido no DRAG. 

O lema “callejero” tradúcese por “rueiro” e “ruador”, mais a primeira palabra como adxectivo non se recolle no DRAG, que a recolle como substantivo con tres acepcións ben diferentes, e a segunda non aparece no DRAG. Curiosamente “rueiro” si aparece no dicionario Estraviz como adxectivo e “ruador”, só aparece no Dicionario de Dicionarios co significado de “(persoa) amiga de andar de festas e ruadas”, xunto co seu sinónimo “ruadeiro”. 

Na entrada “polvo” achamos a expresión “echar un polvo” traducida como: botar un foguete, fochicar, foder. Poderíase ampliar os sinónimos con: ”botar un canivete, botar/dar un ferrete”, ambos recollidos no dicionario Estraviz e pouco sospeitosos de lusismos, dado que non figuran como tais no dicionario portugués Priberam. Curiosamente non aparece o lema “follar”, aínda que si “joder”. 

O lema “teta” tradúcese por “teta, mama, peito, seo”, mais falta “chucha”, forma familiar recollida no DRAG, que tamén ten as acepcións de “galiña” e “beixo”, ambas si incluídas nos seus lemas respectivos: “gallina” e “beso” polo DRAGBIL. 

No DRAG a entrada “maior” ofrece dous sinónimos na súa primeira acepción: meirande e mor, mais no lema de “mayor” do DRAGBIL só aparecen como traducións: maior e meirande. Noutros lemas como “agua” a variante considerada menos recomendábel polo DRAG aparece entre comiñas angulares simples “˂agua˃” trala máis recomendábel “auga”, así tamén sucede con outras traducións: rubio > louro, ˂loiro˃; alambre > arame, ˂aramio˃; avispa > avespa, avéspora, nespra, ˂vespa˃; cerrar > cerrar, ˂zarrar˃; color > cor, ˂color˃; condenar > condenar, ˂condanar˃; cuchara > culler, ˂cullar˃; decir > dicir, ˂decer˃; dolor > dor, ˂dolor˃ etc. 

Noutros casos onde aparecen ao menos dous sinónimos posíbeis como tradución ao lema castelán, soamente o primeiro é usado nos exemplos de uso, así: aire > aire, ar; bodega > bodega, adega; cabra > cabra, godalla, xena; cangrejo > cangrexo, caranguexo; enfermo > enfermo, doente; oír > oír, ouvir; palacio > palacio, pazo; pestaña > pestana, perfeba; presupuesto > presuposto, orzamento; roca > roca, rocha (no DRAG a entrada “roca” remite a “rocha” como forma preferente); ventana > ventá, fiestra, xanela etc. Dando preferencia de uso por posición e emprego nos exemplos á palabra coincidente ou máis próxima do lema castelán, na maioría dos casos, axudandodestarte á desaparición do noso léxico diferencial. 

A fraseoloxía tampouco é excesiva, se se compara a incluída en cada lema coa que aparece no outro dicionario bilíngüe, o Rinodicionario Castelán-Galego, por exemplos nas entradas de palabras moi comúns: acabar, caballo, casa, cerdo, dar, gato, haber, hablar, hierba, hombre, ir, mano, mujer, perro, puerta, ver, venir etc., a diferenza cunha meirande cantidade de unidades pluriverbais está sempre a prol do Rinodicionario.  

Obviamente dado que o número de lemas do dicionario non é moi extenso hai unha importante chea de palabras que non inclúe. Por exemplo, dentro do eido da zooloxía non están as traducións de mamíferos como: gibón, bonobo, babuino, tití, facóquero, okapi, glotón, onagro, capibara, suricata, ocelote, caracal, jerbo, dingo, dugongo, civeta, pecarí, orix, saiga, leming, meloncillo etc.; aves como: barnacla, pigargo, curruca, elanio, porrón (parrulo), lagópodo, paíño, pardela, ibis, busardo, focha, charrán, chova, escribano (paxaro), sisón etc.; ou réptiles como: geco, varano, gavial etc. A conclusión é que semella que non colaborou ningún zoólogo na elaboración do dicionario e, o que é pior, descoñecen a existencia dos Nomes galegos das aves de Galicia e España, elaborados pola propia RAG. 

Tamén se coaron algunhas traducións entre dubidosas e incorrectas: bajel – barco (esquecendo que no DRAG existe a entrada “vaixel”); casona – pazo (non cadra mellor “casa grande”, termo recollido no DRAG); chaleco – chaleco (sen incluír o sinónimo “colete” que figura no DRAG); cotorra – papagaio (mais é “catorra” a palabra do NGAGE); colimbo – colimbo, movella (denominado “mobella” no NGAGE e “colimbo” ser un innecesario castelanismo); becada – galiñola, galiña de río, pita de auga, pita de río (sendo “arcea” no NGAGE e no DRAG porque confunden Scolopax rusticola con Gallinula chloropus!); jaca (2º acepción) – sen tradución (mais existe “faco” no DRAG con significado semellante); palabrota – palabra groseira (isto é máis unha definición ca unha tradución, que sería “bocalada”, termo incluído no DRAG); musgo – mofo, carriza (mais “musgo” tamén é palabra recoñecida no DRAG) etc. 

E, xaora, hai as inevitábeis grallas –palabra esta non recoñecida polo DRAG–: cubo > caldeiro* no canto de cubo (2ª acepción); oler (6º acepción) > ulir (Ex.): Estas flores ulen*(olen) moi ben; mate (infusión) > mate (Ex): O mate bébese moito nos países sudamericanos (cando a tradución de “sudamericano” é “suramericano”); arce > (Ex.): En* Canadá/No Canadá é moi típico o xarope de pradairo (no DRAG na entrada “canadense” vese que o topónimo Canadá debe ir precedido polo artigo). 

Concluíndo, o DRAGBIL non só chega tarde, inda que mellor tarde ca nunca, senón que chega incompleto, pobre e cheo de fallos. Esperemos que co tempo se vaian corrixindo, mais polo momento cabe recomendar o dicionario Estraviz prá consulta de léxico galego e o Rinodicionario castelán-galego como axuda na tradución do castelán ao galego, porque están patetentemente por riba dos seus homólogos da RAG: DRAG (60.000 lemas) vs Dicionario Estraviz (>151.000 entradas) e DRAGBIL (26.000 lemas) vs Rinodicionario castelán-galego (>32.000 entradas). 

Non obstante, benvido sexa se grazas ao seu uso deixo de ver castelanismos aberrantes que hai tempo que deberon desaparecer dos textos galegos, tal que a confusión de xéneros nas palabras comúns ou moi parecidas: o* armazón, o* calor, o* carruaxe, a* dote, a* labor, a* mar, o* suor, a* ubre etc.; as pseudotraducións como: cortiza (= es. corcho) por casca/codia, muxir (= es. ordeñar) por bruar/bradar, divinidade por divindade, lealtade por lealdade, pobo (poboación pequena) por vila/aldea, pregue por prego, elexir por elixir, sinceiro por sincero, virxinidade por virxindade etc.; as locucións copiadas: a cegas > ás cegas, a man > á man, a présa > á présa, enfronte de > en fronte de; e castelanismos plenos como: borde, costar e coste, cruce, cubo (recipiente), frotar, galpón (por pendello), ir a + inf., pinchar e pincho (por picar e pico), rato (de tempo), roce, sobornar (por subornar), trepar (por gabear), ventanal etc. E tamén os usos correctos do adxectivo “grande/gran” e do adxectivo “ambos/ambas”; das perífrases “volver + inf.” e “ir + inf.”; a distinguir os substantivos “grao” e “grado”, e “serea” e “sirena”, e o substantivo “vixilante” e o adxectivo “vixiante” etc. Porque causa vergoña allea ver tantos erros léxicos, morfosintácticos ou ortográficos nos textos galegos, que xa deberan estar completamente superados. 

 

[Imaxe: RAG - fonte: www.praza.gal]

sábado, 5 de setembro de 2026

«Soi galèc, parla-me en portugués»

L’AGAL avia una campanha en Galícia per convidar los portugueses e los brasilièrs a parlar en portugués als galegofòns

Escrich per  Ferriòl Macip

L’Associacion Galèga de la Lenga (AGAL) entamenèt lo 25 de julhet passat, a l’escasença del jorn nacional de Galícia, una campanha per convidar los portugueses e los brasilièrs que vesitan Galícia a parlar portugués amb los galècs, en luòc del castelhan o d’un mescladís d’espanhòl e portugués sonat portunhol, çò raporta Diari de la Llengua. La campanha se ten jos la devisa «Falo galego, fala-me português!» (Parli galèc, parla-me portugués).

L’AGAL defend lo reïntegracionisme, es a dire que «lo galèc e lo portugués son dos noms que balham a un meteis continuum lingüistic». Per tant, segon l’AGAL, lo passatge al castelhan es inutil.

Segon l’associacion, Galícia coneis dempuèi de sègles una situacion de diglossia ont lo galèc es la lenga del pòble e lo castelhan la dels elèits, una situacion que s’es vista agreujada per l’escolarizacion obligatòria en castelhan e pels mèdias de massa, tanben en castelhan. Aquò a menat de parlars galècs, mai que mai urbans, a téner una sonoritat pus semblabla al castelhan.

L’AGAL reconeis que lo galèc dels joves a perdut de traches que lo sarravan del portugués de Portugal: un ancian de Tominho (Galícia) e un ancian de Vila Nova de Cerveira (Portugal) parlan gaireben parièr, çò que ja es pas pus lo cas dels joves, mai marcats pels accents de Madrid o de Lisbona.

La campanha, sostenguda pels influenciaires galècs, portugueses e brasilièrs, convida los lusofòns a parlar «dapasset en prononciant plan las vocalas», e prepausa de frasas coma «parla-me en galèc se te plai» quand un galèc trantalha entre galèc e castelhan. Los galècs, de lor costat, son convidats a passar pas jamai al castelhan o al portunhòl, e a seguir de contenguts en portugués per acostumar l’aurelha a d’autres accents e evitar los castelhanismes.

E s’en Occitània fasiam parièr amb los toristas catalans? Après tot, e mai sián de lengas desparièras, se se parlan dapasset e s’evitan los castelhanismes d’un costat e los francismes de l’autre, i auriá pas besonh d’una tèrça lenga per se comprene.

 

 [Imatge: AGAL - sorsa: www.jornalet.com]

domingo, 16 de agosto de 2026

« Colonialismo onomástico»: así foi a deturpación dos apelidos na Galiza

Cando a partir do século XVI o galego desapareceu como lingua instrumental de toda a documentación escrita, unha parte importante dos apelidos foi traducidaao español. Foi “unha política lingüística de facto tendente á asimilación”.

Reprodución das normas escolares de 1543 que impoñen castigos físicos contra o uso da lingua propia. 

Escrito por Xesús M. Piñeiro  

Os apelidos de hoxe orixináronse pola necesidade de identificar e distinguir as persoas, como explica o Instituto da Lingua Galega na súa Cartografía dos apelidos de Galiza (CAG). E para iso utilizáronse sobrenomes, patronímicos ou designativos de lugar, que só se comezaron a facer hereditarios na Galiza desde finais da Idade Media. Todos os apelidos e nomes da Galiza son posteriores á romanización e non hai ningunha forma nova desde 1870. Nese ano implántase o rexistro civil e fíxanse os sobrenomes galegos. 

Neste sentido, o galego como idioma instrumental foi desprazado na escrita desde principios do século XVI. Unha das consecuencias, como ten recordado a filóloga e membro da Real Academia Galega (RAG) Ana Boullón, foi que os nomes propios, tanto os dos lugares coma os das persoas, comezaron a ser modificados.  

No caso dos apelidos, que xa eranhereditarios, sufriuse un proceso de deturpación que lles afectou de modo desigual. Temos apelidos galegos case en extinción e a súa forma 'castelanizada' gozando dunha boa saúde.  Aí están exemplos como os poucos máis de 200 Outeiro e máis de 42.000 Otero; ou que non se chegue aos 1.000 Martíns e  haxa 113.000 Martínez; en 2011 ficaban tres Eanes e había máis de 7.000 Yáñez, a súa 'deturpación' castelanizada. 

“Cando a partir do século XVI o galego desapareceu como lingua instrumental de toda a documentación escrita, unha parte importante dos apelidos foi traducida e outra parte sufriu interferencia fonética ou morfolóxica do castelán”, sinala esta profesora da USC en 'Todos os nomes: identidade, pobo, país', o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega (RAG). 

Esa castelanización forzosa, explica, tivo como consecuencia que, a día de hoxe, no corpus dos apelidos da Galiza se contabilice “unha porcentaxe importante de formas españolas (un 19%) e híbridas (7%)”. A magnitude porcentual da presenza foránea, apunta Boullón, non se pode atribuír a vagas inmigratorias procedentes de Castela, posto que, amais de ser Galiza país de emigración, as porcentaxes doutras linguas nos apelidos na Galiza son moito menores (2% os vascos, 4% os cataláns, por exemplo); agardaríase que o compoñente español fose semellante (ou un pouco maior) e a desproporción explícase só por ese proceso forzoso de tradución. 

“Esta situación (o cambio obrigado de apelidos) tense dado non só en Galicia, senón en diferentes épocas e lugares, e denomínase colonialismo onomástico (‘onomastic colonialism’, en Walkowiak 2016) ou onomástica política (‘political onomastics’, en Alia 2007)”, explícase no discurso de entrada na RAG. 

Foi, indica, “unha política lingüística de facto (pois non parece que houbese directrices codificadas oficialmente), tendente á asimilación, que afectou o corpus de moi diversas formas”.  

 

[Foto: Arquivo Histórico Diocesano de Tui / 'O libro negro da lingua galega' - fonte: www.nosdiario.gal]

sábado, 25 de julho de 2026

Un repte extraordinari: cent traduccions de videojocs al català en quaranta-sis dies

Una iniciativa que demostra que el català pot ser una llengua de joc en grans títols

Captura del web de videojos de Júlia Rosell Saldaña

La informàtica, docent i investigadora independent Júlia Rosell Saldaña ha aconseguit un repte tècnic i lingüístic extraordinari: cent versions jugables de videojocs en català (i llatí) en només quaranta-sis dies. El 31 de maig de 2026 va començar el projecte. El 15 de juliol, quaranta-sis dies després, arribava a la traducció número cent.

No es tracta d'adaptacions professionals, completes i lliures d’errors. La mateixa autora ho precisa amb honestedat: "Són pretraduccions experimentals, contribucions a projectes oberts i localitzacions amb diferents graus d’adaptació. Algunes tenen milers de frases; d’altres encara mostren fragments en anglès o castellà. Però totes tenen una cosa en comú: el joc carrega, funciona i mostra català".

El recompte suma cent combinacions de videojoc i llengua (català i llatí) sobre vuitanta-vuit obres. Inclou títols agrupats com la trilogia 'Mass Effect Legendary Edition', 'Warcraft I & II Remastered' o els sis jocs de l’ecosistema 'UZDoom'. Tot plegat es pot descarregar gratuïtament a juliarscat.itch.io, amb instruccions clares, avisos sobre errades i sistemes de restauració sempre que ha estat possible.

L’autora no ha començat de zero cada vegada. Ha construït scripts d’extracció i reintegració de textos, sistemes de validació, un glossari propi i una base de dades amb més d’un milió de cadenes. Cada correcció alimenta el següent projecte. Tot i això, recalca que l’automatització només prepara el terreny: "La localització exigeix arqueologia digital, enginyeria inversa i molta tolerància al fracàs".

Ha treballat amb més de trenta motors i ecosistemes diferents: Unreal Engine (diverses generacions), Unity, Source 2, Frostbite, id Tech, GZDoom, motors de Blizzard, FromSoftware i un llarg etcètera de formats propietaris. JSON, XML, paquets .pak, .locres, taules binàries… En alguns casos n’hi havia prou amb substituir una carpeta; en d’altres calia reconstruir paquets, generar pegats diferencials amb Xdelta o respectar hashes i mides exactes perquè el joc no es trenqués.

El catàleg no mostra tots els fracassos. Entre els intents fallits hi ha 'The Surge', 'The Surge 2', 'Wolfenstein II', 'They Are Billions' i altres on els textos es van extreure, però no es van poder reintegrar amb garanties, o on el joc rebutjava les modificacions. Aquests fracassos desmenteixen la idea simplista que tot consisteix a “prémer un botó”.

Les errades —castellanismes, falsos amics, gèneres mal interpretats— hi són, per això Rosell Saldaña convida qui vulgui revisar, corregir o millorar les traduccions.

Aquest projecte no és només una proesa individual. És una demostració pràctica que el català pot ser llengua de joc en entorns on les grans companyies no l’han considerat viable.

 

 

[Foto: Júlia Rosell Saldaña - font: www.racocatala.cat]

sábado, 25 de abril de 2026

A Real Academia Galega celebra a aprobación do novo Nomenclátor de Galicia

A Real Academia Galega (RAG) celebra a aprobación no Consello da Xunta de hoxe da proposta de revisión, corrección e actualización do Nomenclátor de Galicia (NG) de 2003, que a institución lle presentara á Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia o pasado 18 de xullo. A ratificación supón o visto e prace final ao traballo dos especialistas do Seminario de Onomástica da RAG. O documento incorpora 1.665 nomes, ata chegar aos 42.909 topónimos que designan os 313 concellos de Galicia, as súas parroquias e mais os lugares ou entidades de poboación. Canto aos cambios, tras o estudo detallado de 4.398 casos, a Academia propuxo realizar cambios nuns 2.531 topónimos. Catorce corresponden a nomes de concellos, 12 tras as fusións, 182 ditames son sobre nomes de parroquias ou as súas advocacións e os demais 2.335 casos corresponden a nomes de lugar ou entidades de poboación. Todos os detalles das modificacións poden consultarse neste volume dispoñible na sección de publicacións de academia.gal.

Segundo a Lei de Normalización Lingüística (1983), os topónimos de Galicia teñen como única forma oficial a galega e correspóndelle á Xunta de Galicia a sanción final das denominacións das entidades de poboación que propón a RAG, respectando sempre as características dialectais de cada zona. O novo rexistro oficial entrará así en vigor tras a publicación no Diario Oficial de Galicia do decreto correspondente. O Seminario de Onomástica da Real Academia Galega agarda que en diante as vindeiras actualizacións deste documento en constante revisión se vaian aprobando de maneira anual ou bienal, como sucede noutras comunidades autónomas.

Cambios nos nomes de concellos
O Seminario de Onomástica ditaminou modificar os nomes dunha ducia de municipios, catorce no Nomenclátor de 2003, que non contemplaba aínda a posterior fusión de Cerdedo e Cotobade e mais de Oza dos Ríos e Cesuras. Para adaptárense ás Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, pasan a ser Cerdedo Cotobade e Oza Cesuras, sen guión, signo que tamén perde Mondariz Balneario. Alén destas cuestións ortográficas, o concello ourensán rexistrado ata o momento como Riós será definitivamente O Riós, en consonancia coas súas atestacións históricas e co uso que a poboación fai do artigo; o coruñés Porto do Son incorpora o artigo e recoñécese como O Porto do Son, algo que tamén acontece con O Campo Lameiro, A Ribeira de Piquín e O Castro de Caldelas. O contrario sucede con Pastoriza, que deixa atrás o artigo; Cangas engade o “apelido” e pasa a ser Cangas de Morrazo; A Cañiza restitúe a forma galega tradicional documentada desde antigo, A Caniza; e Alfoz recupera o seu nome histórico, Alfoz do Castrodouro.  Nesta ligazón poden consultarse as motivacións de todos estes cambios.

Tipos de modificacións e criterios aplicados

O Seminario de Onomástica revisou o Nomenclátor de 2003 e realizou dous tipos de análises: aquelas destinadas a solucionar problemas de tipo lingüístico e aqueloutras que atinxen incidencias de carácter xeográfico-administrativo.

Os criterios xerais que os especialistas da RAG seguen para ditaminar e, polo tanto, modificar ou manter a forma oficial dun topónimo son catro: malia que o primordial é a etimoloxía de cada unha das denominacións, téñense en conta tamén as atestacións escritas na documentación histórica, especialmente cando a etimoloxía é escura; a tradición gráfica consolidada nos últimos dous séculos, e mais o uso oral e escrito que a veciñanza e as principais institucións fan do topónimo. Procúrase ademais non realizar un novo ditame naqueles casos que presentaban dúbidas.  

Dentro do primeiro gran grupo de revisións, estudáronse 4.398 topónimos sobre os que se sinalaba algún posible problema lingüístico. Case o 60 %, un total de 2.531, foron obxecto dun novo ditame. As preto de 5.000 incidencias analizadas en total (hai topónimos obxecto de revisión por máis dun motivo) clasificáronse en seis grupos xerais: morfosintácticas (2.479), léxicas (927), gráficas (377), fonéticas (900), compostas (140) e advocacións de parroquias (128). 

A maior porcentaxe de problemas que presentaba o NG 2003 refírese á ausencia ou á presenza do artigo. Realizáronse 1.519 informes que respondían á necesidade de incluílo na denominación oficial de lugares como os do Barral, O Couto, O Curriño, O Torreiro, O Fixoi, O Ceán e As Pociñas, no concello coruñés de Abegondo; mentres que noutros 427 casos ditaminouse que cumpría eliminar o artigo en lugares como Vilar no mesmo municipio. 

Os problemas léxicos tamén foron motivo dun gran número de revisións, máis de 900. Especialmente importantes foron as investigacións que se levaron a cabo naqueles topónimos en que se detectou un nome total ou parcialmente distinto; ou aquelas en que se restituíu a forma patrimonial galega de topónimos que figuraban castelanizados no NG 2003, como os varios *A Rectoral que pasan a ser A Reitoral en Cabana de Bergantiños, Santiso, Xermade, Monforte de Lemos, Taboadela, Vilagarcía de Arousa, Ortigueira e Crecente.

Canto aos 128 problemas identificados nas advocacións de parroquias, 80 respondían á advocación errada, 45 estaban castelanizada e 3 carecían de advocación no anterior Nomenclátor.

Na revisión do NG advertiuse ademais a existencia de 13.788 topónimos con algún problema xeográfico-administrativo, que sumaban 16.752 incidencias. Malia que a cifra semella realmente alta, cómpre ter en conta que o 64 % corresponde a discordancias cos datos do INE. Hai, por exemplo, 8.817 topónimos que non figuran no relación estatal pero que si aparecían xa no Nomenclátor de Galicia de 2003. Neste casos, só se deixa constancia desta circunstancia, sen que sexa preciso o estudo e ditame do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega.

Inclusión e exclusión de topónimos no Nomenclátor
Respecto da eliminación ou inclusión de novos topónimos, no Nomenclátor de Galicia actualizado figurarán 7 parroquias máis ca na versión de 2003. Unha delas é A Coruña, que se refire en termos administrativos a todo o núcleo urbano da cidade do mesmo nome; outra é Os Tilos, en Teo; dúas pertencen a Narón, Xuvia (Santa Icía) e Xuvia (San Martiño); e as demais son Santo Estevo e Teixeira, en Baralla; e Sevane, en Navia de Suarna. 

Danse ademais de alta 1.658 lugares. Algunhas incorporacións corresponden a novas entidades de poboación, se ben a maioría son nomes de aldeas con moi poucos habitantes que se incorporan á  nova listaxe autonómica grazas á información facilitada polos concellos, o Instituto de Estudos do Territorio e as persoas que colaboran con Galicia Nomeada, o proxecto da Academia e a Xunta para a xeolocalización de microtopónimos que designan leiras, montes ou veigas, mais que tamén serve de apoio de cara á corrección do Nomenclátor.

Hai así mesmo 111 novos lugares que responden á existencia de núcleos de casas co mesmo nome pero diferenciados por adxectivos ou locucións adverbiais (de Arriba, de Abaixo...); 33 son correccións na asignación de parroquia ou concello; e por último, 9 son lugares compartidos entre dúas parroquias, cando no NG 2003 só figuraban incluídos nunha delas.

Tendo en conta todos os diferentes posibles motivos, os concellos que máis entidades de poboación rexistran por primeira vez no novo Nomenclátor de Galicia son Foz (176), Lourenzá (56), Narón (53), Ourol (49) e Pontevedra (47). Chaman tamén a atención outros casos como o do Porto do Son, con 37 entidades de poboación máis, entre elas A Beira, O Campo, A Carballa, O Castro, Comandín, A Cascoña ou As Crabeiras. 

No que atinxe ás baixas, elimináronse 8 parroquias e 155 entidades de poboación que formaban parte do NG de 2003, gran parte delas por seren lugares adscritos a unha parroquia errónea (80) ou porque son nomes de terras, de avenidas, de rúas, de prazas, de aldeas asolagadas ou desaparecidas. 

O Nomenclátor de Galicia: unha obra en constante renovación
A revisión do Nomenclátor de Galicia é un traballo aberto, inacabado, pois tense constancia dun bo número de lugares das provincias de Ourense e Pontevedra que aínda non figuran no Nomenclátor e que están pendentes de estudo. En vindeiras edicións está ademais previsto facer unha revisión exhaustiva dos topónimos referidos aos barrios urbanos das cidades e vilas para valorar a súa inclusión neste documento oficial coa toponimia maior de Galicia.

O Seminario de Onomástica da Real Academia Galega agarda que as próximas modificacións sexan aprobadas de forma periódica, contando idealmente cunha nova versión do Nomenclátor cada ano que corrixa oficialmente con axilidade as constantes correccións de imprecisións detectadas, mais que tamén responda á nova realidade urbana en constante transformación, como xa se fixo para o caso do concello da Coruña, onde desenvolvementos urbanos como o recente Polígono de Visma implicaron a desaparición de dúas entidades de poboación, O Barral e O Coidal. Outras entidades tamén eliminadas na Coruña son O Corgo, desaparecida ao construírse o actual parque de Oza, ou Carracedo e As Cernadas, en Mato Grande. No lado oposto figuran entidades de poboación de nova creación que se engaden ao Nomenclátor, como O Monte Alfeirán ou O Monte de Mero, onde se prevé o desenvolvemento de novos espazos urbanos.


[Fonte: www.academia.gal]

domingo, 5 de abril de 2026

Moncho Seixo: «A fraseoloxía reflicte a vida do pobo, é parte da cultura»

Moncho Seixo (Vigo, 1959) reúne en 'Non todo o que cae na rede é peixe' (Morgante) 500 "xoias" da fraseoloxía galega. O volume recolle expresións xa ben coñecidas entre as persoas galegofalantes e outras documentadas por primeira vez, locucións que o autor chama a empregar e a popularizar para fortalecer a lingua.

O profesor Moncho Seixo na redacción de 'Nós Diario'

Escrito por Susana Rois

—Conta moitos anos de estudo e varios traballos publicados. De onde vén a súa querenza e interese pola fraseoloxía galega?
Vén dos meus anos como profesor na Escola Oficial de Idiomas de Vigo. Despois de traballar en institutos de secundaria, a finais dos 80 aprobei a oposición e dei o salto ás escolas de idiomas. Foi aí cando comecei a interesarme pola fraseoloxía. Lembro a primeira expresión que xurdiu na aula de maneira espontánea: "Bruto como un arroás", que a dixo unha alumna de Muxía. A partir de aí ocorréuseme crear un colectivo para recoller fraseoloxía e refraneiro, e no ano 2000 publicamos o Dicionario Fraseolóxico Galego. Desde entón conseguimos moita máis información e fixéronse traballos moi bos, por exemplo, sobre a fraseoloxía do concello das Neves (O Condado), do Cachafeiro, en Forcarei (Tabeirós-Terra de Montes), e mesmo da parroquia de Matatamá, en Vigo, publicados na revista Cadernos de fraseoloxía, creada por Xesús Ferro Ruibal.

—Que din da lingua e da fala galegas as "xoias fraseolóxicas" coas que foi batendo ao longo dos anos? Que riqueza agochan?
A fraseoloxía reflicte a vida do pobo e, polo tanto, é parte da nosa cultura. As palabras que máis usa son as máis correntes, por iso son habituais expresións con plantas, como 'prender nunha  silveira' ou 'xoto como un toxo', referido este a quen se amosa pouco cariñoso ou pouco sociábel. E na costa, son frecuentes as unidades fraseolóxicas relacionadas co mundo pesqueiro, como 'enlear o palangre', complicar as cousas, ou 'meter unha boa xarda', que sería enganar alguén. Ademais, a fraseoloxía dá conta da retranca e do enxeño galegos, así como da abundancia de expresións propias para expresar alegría, boa sorte, sorpresa, urxencia, orgullo, crítica, mal humor...

—É unha das motivacións deste volume dar conta de todas as posibilidades que ofrece o galego sen recorrer a expresións alleas, nomeadamente do español.
Un dos obxectivos ao comezar este traballo era presentar e explicar ben tanto unidades fraseolóxicas coñecidas como outras que son practicamente inéditas ou que estaban sen documentar, como 'traballar para quecer, máis vale morrer de frío', que lle escoitei dicir a unha peixeira do mercado de Vigo, ou esta outra que me trasladou un coñecido, que lle oíu a alguén que fora de compras a Portugal: "Fuches buscar fartura á casa da fame". Pero outra das motivacións foi esa, buscar equivalentes de expresións que son claros castelanismos e que mesmo figuran nos dicionarios galegos.

—Que fórmulas temos, propiamente galegas, para remudalas?

'Por suposto' é un dos castelanismos que máis se usa, cando temos moitas formas para traducilo: abofé, xaora, de certo, madía leva, con certeza. Outro caso, 'menos mal', cando temos aínda ben ou bo é. O castelán leva tanto tempo enriba de nós que tendemos a usar formas que non son nosas. Por iso animo a buscar certo diferencialismo, e no canto de dicir 'ao mellor', que recolle o dicionario da RAG, escoller a forma propia do galego: se cadra. En vez de 'tirar a toalla', dicir 'deitarse no rego'. Ou isto que se di agora de 'petalo' é 'facer barro' ou 'facer magas'. O certo é que das 500 unidades fraseolóxicas seleccionadas neste volume, só 10% figura no dicionario da RAG.

—O obxectivo último sería popularizar estas expresións, ditos de uso corrente, pero tamén todas esas xoias da fraseoloxía galega.
Iso é o difícil, tendo en conta os poucos medios que temos. A prensa case toda está en castelán e a nosa televisión bastante a miúdo non fai o que ten que facer. Pero hai que perder o medo a usar o galego e a fraseoloxía, e a casa é o ámbito onde se pode usar máis comodamente.

Como fuxir dun "calco" do castelán

Moncho Seixo consultou cancioneiros, dicionarios, libros, xornais, revistas e corpos informatizados para acabar de crear Non todo o que cae na rede é peixe. 500 xoias fraseolóxicas galegas, un manual que pretende contribuír ao "coñecemento e bo uso" da fraseoloxía galega, "bastantes veces descoñecida".

O profesor, afeito a unha escoita atenta que sempre o pon na pista de novas locucións, algunhas inéditas, outras de uso local, asegura que a tendencia, hoxe, "é a copiar do castelán tanto a fraseoloxía como o léxico", unha preferencia que nos devolve un "calco" dese idioma, cando existen, en galego, formas propias que chama a escoller antes ca esoutras máis comúns. "Mais non de forma mecánica".

Neste dicionario que vén de publicar presenta unha lista monolingüe en galego e outra bilingüe, máis precisa, co fin de evitar expresións alleas á nosa lingua e "innecesarias". "Sempre hai que buscar a forma máis axustada a cada contexto. Así, canto máis e mellor se use o galego e a fraseoloxía, máis iremos aprendendo".

[Fonte: www.nosdiario.gal]