Mostrar mensagens com a etiqueta lusismo. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta lusismo. Mostrar todas as mensagens

quarta-feira, 23 de setembro de 2026

O dicionario castelán-galego da RAG

 


Escrito por L. C. Carballal 

Acaba de se pór na Rede a nova versión do Dicionario bilingüe castelán-galego da RAG (DRAGBIL), que xa non era sen tempo. Como seguea se demorar a ”gramática oficial do galego”, cando xa tódalas demais linguas españolas contan con unha, mesmo linguas sen status de oficialidade como o asturiano ou o aragonés. 

Sinto ser un estragafestas, mais a iniciativa, en principio boa, chega con grandes carencias a pouco que examinemos o dicionario. Que esta nova versión do anterior dicionario bilíngüe castelán-galego chegue aos 26.000 lemas cando o anterior, en formato libro, tiña 25.000 di moito ou máis ben moi pouco do traballo feito, dado que a anterior versión se publicou no 2004: en máis de vinte anos unicamente engadiron mil lemas máis! Pro as carencias non só numéricas, senón tamén do tratamento lexicográfico das propias entradas. 

Comprobemos con algúns exemplos as insuficiencias do novo dicionario:

Tomamos catro palabras sinónimas ou case do dicionario da RAE (DLE): antinatural, contranatural, desnatural e innatural, destas só unha existe no dicionario da RAG: contranatural, pola contra, as catro si figuran no dicionario Estraviz: antinatural, contranatural, desnatural e inatural; se queremos ver a súa tradución no DRAGBIL unicamente podemos en antinatural e contranatural, as únicas que figuran e resulta sorprendente que neste dicionario se acepte “antinatural” como palabra galega, cando non se recolle no dicionario xeral da RAG, así mesmo no Rinodicionario castelán-galego hai tradución pra antinatural e contranatural, mais tampouco pra desnatural nin innatural, adxectivos perfeitamente válidos na lingua portuguesa, onde, por certo, “desnatural” non é unha verba en desuso coma en castelán. 

Queremos traducir un texto que nos fala das cinco especies de álcidos que se presentan máis comunmente nas nosas costas, en castelán: alca común, arao aliblanco, arao común, frailecillo atlántico e mérgulo atlántico; cuxas denominacións galegas son segundo a listaxe dos ”Nomes galegos das aves de Galicia e de España” (NGAGE) da RAG: arao carolo, arao de ás/alas brancas, arao dos cons, arao papagaio e araíño atlántico; e ao consultarmos o DRAGBIL obtemos estes resultados paupérrimos resultados: alca – ø, arao – ø, frailecillo – arao e mérgulo – ø; claro que se consultamos o DRAG a palabra “arao” non acharemos ningunha distinción de especies, aínda que na entrada “carolo” encontramos a descrición da Alca torda na súa acepción 11. No Rinodicionario achamos estes: alca común – arao romeiro, arao – ø, frailecillo atlántico – arao papagaio / arao de altura e mérgulo – ø. E temos que recorrer ao dicionario Estraviz pra atoparmos as varias denominacións pras cinco especies consultando as voces: arau, airo ou papagaio-do-mar, mais isto esixe ter coñecemento destes nomes galego-portugueses. Resúltame penoso comprobar a total descoordinación entre os diferentes dicionarios e vocabulario da propia RAG, pois nada máis sinxelo que incorporar a listaxe cos nomes das aves en galego tanto ao dicionario xeral coma ao bilíngüe. 

Buscamos a tradución de “habitación” nas acepcións de “parte tabicada dunha vivenda fóra das destinadas a cociña, baño e corredor” e nos dá: cuarto, peza e estancia; e na de “parte dunha casa pra durmir” e dá: cuarto e dormitorio. Nesta última acepción o dicionario da RAG ofrece tres sinónimos máis: alcoba, apousento e cámara. Se os buscamos por alcoba, aposento e cámara no dicionario bilíngüe aparecen as tres palabras, así: alcoba – alcoba e dormitorio; aposento – apousento, alcoba, cuarto e dormitorio; e cámara – cámara; pro non en “dormitorio” que só ofrece dormitorio e cuarto. Os sinónimos deben selo en calquera dos lemas. 

O verbo “ulir” só é sinónimo de “cheirar” en dúas acepcións, segundo o DRAG: “percibir olor” e “despedir olor”, no resto das acepcións unicamente “cheirar” é admitido; mais no DRAGBIL amplíase a sinonimia de “ulir” con “cheirar” a “dar indicio de algo”, algo non recollido no DRAG. 

O lema “callejero” tradúcese por “rueiro” e “ruador”, mais a primeira palabra como adxectivo non se recolle no DRAG, que a recolle como substantivo con tres acepcións ben diferentes, e a segunda non aparece no DRAG. Curiosamente “rueiro” si aparece no dicionario Estraviz como adxectivo e “ruador”, só aparece no Dicionario de Dicionarios co significado de “(persoa) amiga de andar de festas e ruadas”, xunto co seu sinónimo “ruadeiro”. 

Na entrada “polvo” achamos a expresión “echar un polvo” traducida como: botar un foguete, fochicar, foder. Poderíase ampliar os sinónimos con: ”botar un canivete, botar/dar un ferrete”, ambos recollidos no dicionario Estraviz e pouco sospeitosos de lusismos, dado que non figuran como tais no dicionario portugués Priberam. Curiosamente non aparece o lema “follar”, aínda que si “joder”. 

O lema “teta” tradúcese por “teta, mama, peito, seo”, mais falta “chucha”, forma familiar recollida no DRAG, que tamén ten as acepcións de “galiña” e “beixo”, ambas si incluídas nos seus lemas respectivos: “gallina” e “beso” polo DRAGBIL. 

No DRAG a entrada “maior” ofrece dous sinónimos na súa primeira acepción: meirande e mor, mais no lema de “mayor” do DRAGBIL só aparecen como traducións: maior e meirande. Noutros lemas como “agua” a variante considerada menos recomendábel polo DRAG aparece entre comiñas angulares simples “˂agua˃” trala máis recomendábel “auga”, así tamén sucede con outras traducións: rubio > louro, ˂loiro˃; alambre > arame, ˂aramio˃; avispa > avespa, avéspora, nespra, ˂vespa˃; cerrar > cerrar, ˂zarrar˃; color > cor, ˂color˃; condenar > condenar, ˂condanar˃; cuchara > culler, ˂cullar˃; decir > dicir, ˂decer˃; dolor > dor, ˂dolor˃ etc. 

Noutros casos onde aparecen ao menos dous sinónimos posíbeis como tradución ao lema castelán, soamente o primeiro é usado nos exemplos de uso, así: aire > aire, ar; bodega > bodega, adega; cabra > cabra, godalla, xena; cangrejo > cangrexo, caranguexo; enfermo > enfermo, doente; oír > oír, ouvir; palacio > palacio, pazo; pestaña > pestana, perfeba; presupuesto > presuposto, orzamento; roca > roca, rocha (no DRAG a entrada “roca” remite a “rocha” como forma preferente); ventana > ventá, fiestra, xanela etc. Dando preferencia de uso por posición e emprego nos exemplos á palabra coincidente ou máis próxima do lema castelán, na maioría dos casos, axudandodestarte á desaparición do noso léxico diferencial. 

A fraseoloxía tampouco é excesiva, se se compara a incluída en cada lema coa que aparece no outro dicionario bilíngüe, o Rinodicionario Castelán-Galego, por exemplos nas entradas de palabras moi comúns: acabar, caballo, casa, cerdo, dar, gato, haber, hablar, hierba, hombre, ir, mano, mujer, perro, puerta, ver, venir etc., a diferenza cunha meirande cantidade de unidades pluriverbais está sempre a prol do Rinodicionario.  

Obviamente dado que o número de lemas do dicionario non é moi extenso hai unha importante chea de palabras que non inclúe. Por exemplo, dentro do eido da zooloxía non están as traducións de mamíferos como: gibón, bonobo, babuino, tití, facóquero, okapi, glotón, onagro, capibara, suricata, ocelote, caracal, jerbo, dingo, dugongo, civeta, pecarí, orix, saiga, leming, meloncillo etc.; aves como: barnacla, pigargo, curruca, elanio, porrón (parrulo), lagópodo, paíño, pardela, ibis, busardo, focha, charrán, chova, escribano (paxaro), sisón etc.; ou réptiles como: geco, varano, gavial etc. A conclusión é que semella que non colaborou ningún zoólogo na elaboración do dicionario e, o que é pior, descoñecen a existencia dos Nomes galegos das aves de Galicia e España, elaborados pola propia RAG. 

Tamén se coaron algunhas traducións entre dubidosas e incorrectas: bajel – barco (esquecendo que no DRAG existe a entrada “vaixel”); casona – pazo (non cadra mellor “casa grande”, termo recollido no DRAG); chaleco – chaleco (sen incluír o sinónimo “colete” que figura no DRAG); cotorra – papagaio (mais é “catorra” a palabra do NGAGE); colimbo – colimbo, movella (denominado “mobella” no NGAGE e “colimbo” ser un innecesario castelanismo); becada – galiñola, galiña de río, pita de auga, pita de río (sendo “arcea” no NGAGE e no DRAG porque confunden Scolopax rusticola con Gallinula chloropus!); jaca (2º acepción) – sen tradución (mais existe “faco” no DRAG con significado semellante); palabrota – palabra groseira (isto é máis unha definición ca unha tradución, que sería “bocalada”, termo incluído no DRAG); musgo – mofo, carriza (mais “musgo” tamén é palabra recoñecida no DRAG) etc. 

E, xaora, hai as inevitábeis grallas –palabra esta non recoñecida polo DRAG–: cubo > caldeiro* no canto de cubo (2ª acepción); oler (6º acepción) > ulir (Ex.): Estas flores ulen*(olen) moi ben; mate (infusión) > mate (Ex): O mate bébese moito nos países sudamericanos (cando a tradución de “sudamericano” é “suramericano”); arce > (Ex.): En* Canadá/No Canadá é moi típico o xarope de pradairo (no DRAG na entrada “canadense” vese que o topónimo Canadá debe ir precedido polo artigo). 

Concluíndo, o DRAGBIL non só chega tarde, inda que mellor tarde ca nunca, senón que chega incompleto, pobre e cheo de fallos. Esperemos que co tempo se vaian corrixindo, mais polo momento cabe recomendar o dicionario Estraviz prá consulta de léxico galego e o Rinodicionario castelán-galego como axuda na tradución do castelán ao galego, porque están patetentemente por riba dos seus homólogos da RAG: DRAG (60.000 lemas) vs Dicionario Estraviz (>151.000 entradas) e DRAGBIL (26.000 lemas) vs Rinodicionario castelán-galego (>32.000 entradas). 

Non obstante, benvido sexa se grazas ao seu uso deixo de ver castelanismos aberrantes que hai tempo que deberon desaparecer dos textos galegos, tal que a confusión de xéneros nas palabras comúns ou moi parecidas: o* armazón, o* calor, o* carruaxe, a* dote, a* labor, a* mar, o* suor, a* ubre etc.; as pseudotraducións como: cortiza (= es. corcho) por casca/codia, muxir (= es. ordeñar) por bruar/bradar, divinidade por divindade, lealtade por lealdade, pobo (poboación pequena) por vila/aldea, pregue por prego, elexir por elixir, sinceiro por sincero, virxinidade por virxindade etc.; as locucións copiadas: a cegas > ás cegas, a man > á man, a présa > á présa, enfronte de > en fronte de; e castelanismos plenos como: borde, costar e coste, cruce, cubo (recipiente), frotar, galpón (por pendello), ir a + inf., pinchar e pincho (por picar e pico), rato (de tempo), roce, sobornar (por subornar), trepar (por gabear), ventanal etc. E tamén os usos correctos do adxectivo “grande/gran” e do adxectivo “ambos/ambas”; das perífrases “volver + inf.” e “ir + inf.”; a distinguir os substantivos “grao” e “grado”, e “serea” e “sirena”, e o substantivo “vixilante” e o adxectivo “vixiante” etc. Porque causa vergoña allea ver tantos erros léxicos, morfosintácticos ou ortográficos nos textos galegos, que xa deberan estar completamente superados. 

 

[Imaxe: RAG - fonte: www.praza.gal]

terça-feira, 5 de maio de 2026

«Muita gente fala mal da imigração. Acho estranho, porque Portugal é um país de emigrantes»

O jornalista sueco Henrik Brandão Jönsson vive no Rio de Janeiro há 25 anos e escreveu o livro 'Saudade'. Falou com emigrantes açorianos na Califórnia, madeirenses que fizeram vida na Venezuela e cabo-verdianos que emigraram para Nova Inglaterra, nos EUA. Também ele, que nasceu na Suécia e trabalha no Brasil, passa pela “sensação de querer partir e querer ficar ao mesmo tempo”. 

Foi a saudade que Henrik Jönsson sentiu da Suécia na pandemia que o levou a falar com emigrantes da Madeira, Açores e Cabo Verde sobre a saudade deles.

Escrito por Carla Alves Ribeiro

Durante a Guerra Fria, os Estados Unidos terão colocado na Base das Lajes, nos Açores, 32 armas nucleares. A morna mais conhecida de Cabo Verde, Sodade, popularizada pelo mundo inteiro por Cesária Évora, foi escrita em 1954 pelo violonista Armando Soares, um dos músicos de morna mais conhecidos de São Nicolau, e não por Armando Cabral e Luís Morais. A autoria foi-lhe reconhecida por um tribunal em 2006, mas o músico morreria quatro meses depois, aos 77 anos, sem receber dinheiro nenhum de direitos de autor. Em 2017, Nicolás Maduro decidiu oferecer aos venezuelanos pernil de porco para o Natal, mas a empresa portuguesa a quem foi feita a encomenda recusou-se a fornecer a mercadoria se o pagamento não fosse efetuado antecipadamente e saldada uma dívida anterior. Quem sofreu as consequências foram os emigrantes portugueses em Caracas, donos de supermercados.

Estas histórias controversas são abordadas no livro Saudade que o autor, Henrik Brandão Jönsson, acaba de lançar em Portugal (Penguin) e que ele considera que podem interessar ao leitor português. Mas elas são apenas pequenos episódios da história maior, escrita originalmente em sueco pelo jornalista, que é perceber a palavra portuguesa “saudade” relacionada com a emigração.

“Eu sempre tive curiosidade sobre essa palavra, porque é tão bonita e tão única. Não tem outra palavra no mundo que tenha dois sentidos ambíguos. Tristeza e alegria juntos. Sempre tive curiosidade, mas não sabia pessoalmente o que é saudade, até que durante a pandemia estava no Brasil e fiquei com saudades da Suécia. Não podia ir à Suécia. Comecei a fazer comida sueca no Rio, a escutar música sueca, estava com muita saudade. Então pensei, tenho que escrever sobre saudade e divulgar essa palavra bonita aos suecos, para eles entenderem o que é saudade”.

A Penguin volta a editar um livro de Henrik Brandão Jönsson –em 2022 lançou Viagem pelos Sete Pecados da Colonização Portuguesa –, também por Saudade tocar num tema que se discute muito nesta altura em Portugal, explica Henrik Brandão Jönsson. “O livro fala muito de migração. Hoje em dia é um tema aqui em Portugal. Muita gente fala mal da imigração. Na Suécia e aqui. Mas o que eu acho estranho é que Portugal é um país de emigrantes. Agora há pessoas chegando aqui e eu acho que Portugal podia falar melhor da imigração. E são muito criticados, os imigrantes. Então eu espero que o meu livro possa também contribuir para entender o que é a imigração. Não são ladrões que vão de um país para o outro. É para melhorar a vida”.

Ao longo desta investigação em torno da “saudade”, que levou o jornalista a viajar para os Açores, Madeira, Cabo Verde, Venezuela e Estados Unidos, surgiram outras histórias que surpreenderam Henrik Brandão Jönsson – Brandão por via do casamento com uma brasileira –, correspondente na América Latina do principal jornal sueco (Dagens Nyheter) e que vive no Rio de Janeiro, Brasil, há 25 anos (ver entrevista ao lado).

É o caso, por exemplo, da emigração açoriana para Central Valley, na Califórnia, para onde levaram uma atividade que conheciam bem na sua terra natal – as vacarias. Descobriu que quando os açorianos chegaram àquele grande vale separado da costa californiana pelas Cordilheiras Costeiras, os suecos já lá estavam. “Eu não sabia dessa história. Quando eu cheguei lá havia uma cidade ao lado de Turlock que se chama Hilmar. E Hilmar é uma palavra sueca, o nome é sueco. E as pessoas disseram, há uma colónia sueca aqui. O quê? E eles contaram-me toda essa história, que os suecos chegaram antes dos açorianos. Eram suecos que moravam em Minnesota, nesses lugares frios. E foram enganados, compraram terra em Central Valley e não tinham água. Depois chegaram os açorianos e eles não se entenderam bem, porque os suecos eram protestantes e os açorianos são católicos. Eles não casaram entre si.”

Os açorianos levaram para a Califórnia a Festa do Espírito Santo (Holy Ghost Festa) que ainda hoje é uma grande celebração por aquelas terras – como aliás as touradas, embora “sem sangue” (Portuguese Bloodless Bullfights). Henrik Brandão Jönsson falou com muitos dos portugueses daquela região agrícola, mostrando como os emigrantes sentem a saudade, numa espécie de grande reportagem pintada pelas suas próprias angústias. “Retratando, explorando a saudade deles, também para entender a minha saudade. Entrevistei pessoas, migrantes, porque todo o mundo que emigrou tem saudades”, conta ao DN.


Há emigrantes portugueses espalhados por muitas partes do mundo, mas o ângulo do jornalista ficou bem definido à partida: os que vieram de ilhas. Por isso temos a emigração dos açorianos para a Califórnia, a dos madeirenses para Caracas, e a dos cabo-verdianos para Nova Inglaterra, nos Estados Unidos.

“Os que são das ilhas, têm mais saudade. Todo o mundo que muda de um lugar para outro tem saudade. Mas se você vem de uma ilha, sente mais, porque tem saudade do mar. E há essa coisa também de uma ilha ser uma área restrita, você pode ver de um lado para o outro”.

Alguns dos ‘personagens’ desta história são Daniel Martiniano, antigo caçador de baleias açoriano, Elda Medeiros, cujos pais emigraram para Turlock quando o vulcão Capelinhos entrou em erupção no Faial, era ela criança, ou o padre Isaque que aos oito anos, na década de 1980, também chegou a Central Valley. Também conhecemos a história de José Viveiros, que emigrou para Caracas com o padrasto e a mãe aos 13 anos, singrou e vendeu o posto de combustível antes que Chávez se apropriasse dele; ou de Dionísio Pereira, que partiu do Funchal para a Venezuela para fugir ao serviço militar, criou a sua própria empresa, vendeu-a, mas com a hiperinflação, perdeu todo o seu património; ou ainda de Fernando Campos, gerente dos supermercados Gama em Caracas que, na altura da polémica do pernil de porco, viu a Guarda Nacional invadir-lhe o escritório.

A primeira vez que Henrik Brandão Jönsson entrou em contacto com a palavra “saudade” foi numa loja de discos em Lisboa, em 1993, ao ver o álbum de Cesária Verde com a canção Sodade. E para este livro ele viajou até Cabo Verde e falou com Sónia e Irineu Soares, os filhos de Armando Soares, reconhecido pela justiça como o autor da letra e música da mais famosa morna do mundo, e que também foi emigrante.

Os cabo-verdianos são também um povo de emigrantes e neste livro ficamos a conhecer histórias de vida como a de João Cardoso Corrêa, 77 anos, originário da ilha do Fogo, que está há 25 anos em Brockton, Nova Inglaterra, e que não vê a mulher, Josefa, há 24 anos, por lhe ter sido recusado o visto.

Mas este livro é também uma viagem pessoal de um emigrante sueco a viver no Brasil há um quarto de século. Nas conversas que foi tendo com os emigrantes com quem se cruzou, levantou-se a questão: onde morrer e onde ser enterrado? Morrer no país de acolhimento mas ter a morada eterna onde se nasceu? “Todos os imigrantes lutam com essa questão. Eles vão voltar para morrer? Algumas pessoas querem isso. E outras pensam, não, porque tenho aqui os meus filhos, os meus netos. Mas a maioria quer ser enterrado por um padre português.”

Henrik Brandão Jönsson nunca tinha pensado nisso, mas o tema da morte do emigrante atravessou-se nesta narrativa, e ele até pediu conselho a dois padres com quem falou, um na Califórnia e outro na Venezuela. A resposta foi a mesma – o tempo ajudará a decidir – levando-o a questionar-se sobre se é uma pergunta padrão dos sacerdotes... A dúvida de Henrik acompanho-o neste livro, mas no final o escritor revela em que país quer morrer, e em que país quer ser enterrado.

Henrik escreve sobre como ele próprio sente saudades da Suécia quando está no Brasil, e do Brasil quando está na Suécia, e de como os sabores são importantes para “matar saudades”. “A minha saudade não é do nacionalismo, da bandeira sueca, é dos sabores. Agora na Páscoa tive um ataque de saudade. Estava a ver a família no Instagram celebrando e abri a geladeira, achei uma lata de arenque, fiz ovos, arenque, matei a saudade”.

A saudade também não tem o mesmo peso em Portugal e no Brasil. “Especialmente para os cariocas, a saudade é qualquer coisa. Ah, que saudade, esse sorvete! Você encontra uma pessoa ontem e encontra no dia seguinte, e que saudade de ontem! Então, a palavra não é tão pesada. Aqui em Portugal saudade é mais saudade, é mais séria, mais sentimental, mais melancólica”.

Não se teoriza sobre a saudade neste livro, mas explica-se a origem da palavra e de como se enraizou na língua portuguesa. O autor cita Onésimo Teotónio Almeida - açoriano que se doutorou em Filosofia na Universidade de Brown, onde foi professor catedrático no Departamento de Estudos Portugueses e Brasileiros - que diz que a saudade é um sentimento universal, mas que só o português tem uma palavra para o definir. Faz o contraponto com o linguista Marco Neves, que afirma que não é uma palavra intraduzível, embora não numa única palavra.

Uma coisa é certa: com a globalização, há cada vez mais pessoas no mundo a sentir saudade. Henrik Brandão Jönsson considera que a palavra vai espalhar-se por outras línguas. Com os anglicismos a proliferarem, saudade pode bem tornar-se um lusismo em várias línguas por esse mundo fora. “Eu acho que no futuro, dentro de dez, 15 anos, as pessoas vão usar a palavra saudade no inglês, no mandarim... Porque é uma palavra única para o sentimento que está virando a norma. Você nasce num lugar, muda para outro. Todo o mundo, daqui a pouco, vai ter saudade. Acho que essa palavra vai espalhar-se. Na Suécia, por exemplo, nós usamos muitas palavras em inglês. Os suecos já estão a começar, por causa do meu livro, a falar ‘ saudade’, com pronúncia sueca.

Henrik Jönsson vive no Rio de Janeiro e é correspondente do maior jornal sueco na América Latina.

“Se o Flávio ganhar, ele vai abrir o Brasil à exploração americana”

No livro Saudade relata uma conversa com Marcelo Rebelo de Sousa quando ele foi à reabertura do Museu da Língua Portuguesa, em São Paulo, em 2021. Mas ele não gostou das perguntas.

Não, ele não gostou, eu provoquei-o um pouco. São Paulo é a cidade onde há mais pessoas que falam português. Eu perguntei ao Marcelo o que ele sentia em relação a isso, que o Brasil, que é uma ex-colônia, tem um museu da língua que vem do Portugal. Ele realmente não gostou da pergunta. Porque ele tem orgulho que o português é de Portugal, não é do Brasil, o Brasil é uma ex-colónia. Então os repórteres de Portugal que estavam lá riam, porque eles não tinham, talvez, a coragem de fazer essa pergunta. Mas eu, enquanto sueco, não tenho nada a ver com isso. Então eu podia fazer essa pergunta.

Como correspondente do Dagens Nyheter, acompanha mais a área política?

Mais política, mas é claro que vou trabalhar na Copa do Mundo. Vou cobrir Portugal, Brasil e a Suécia, porque sou o único do jornal que fala português. Então vou ver o Colômbia-Portugal, em Miami. Talvez o último jogo do Cristiano Ronaldo.

E como é que está a situação política no Brasil?

Está muito difícil. Muito difícil, porque as pessoas cansaram-se de Lula. Lula fez muita coisa boa para o Brasil. Ele é uma pessoa maravilhosa, mas ele é um homem de 80 anos. Não tem herdeiro, não tem alguém que pode ganhar as eleições, mas as pessoas estão tão cansadas de ver Lula que eu acho que eles vão votar em qualquer um que não seja Lula.

O que antecipa nos próximos tempos no Brasil, com as eleições?

Quem na pesquisa é mais forte é o Flávio Bolsonaro, o filho de Bolsonaro, e ele pode ganhar. Ele é muito esperto, ele não usa o sobrenome Bolsonaro, ele só fala Flávio, Flávio, Flávio, Flávio. Porque as pessoas não gostam muito de Bolsonaro, mas como ele é Flávio, então não é Bolsonaro. Então há o risco de ele ganhar as eleições. Se o Flávio ganhar, ele já falou para Trump que ele vai vender os minerais raros para os Estados Unidos. Ele vai abrir o Brasil para a exploração americana. Agora tem muita exploração da China no Brasil, mas isso vai acabar, e os Estados Unidos vão entrar e enganar o Brasil pegando petróleo, minerais, pedras, essas coisas. Porque o Flávio já falou isso, vem para o Brasil, pega nossas coisas.

E qual é a situação agora na Venezuela?

Está melhor, mas ainda é uma ditadura, ainda tem presos políticos, a economia não vai para a frente. Mas eu acho que a Delcy Rodríguez é cem vezes melhor que Maduro. Ela está negociando com os Estados Unidos, está abrindo, mas o país está muito afetado pelo chavismo. Então vai demorar até pegar de novo. Mas eu, como jornalista, acho que é mais fácil ir para a Venezuela. Agora você pode fazer as matérias, a repressão não é tão forte como era dantes.

Os emigrantes portugueses na Venezuela podem ter alguma esperança?

Sim, eu acho que sim. Já falei com várias pessoas que saíram da Venezuela em 2016, quando havia fome, essas coisas. Foram para Madeira ou para o continente de Portugal e agora estão voltando para Caracas. Então tem mais esperança que a economia vai funcionar de novo na Venezuela.

 

[Fotos: Gerardo Santos - fonte: www.dn.pt]

segunda-feira, 21 de setembro de 2020

Reintegracionismo, pertinência e razom

Percursos sem roteiro

Por Joám Lopes Facal

Para Victorino Pérez Prieto

Três som as acepçons do termo lusismo no dicionário da RAG, duas de índole defensiva e só a terceira pertinente, e mesmo me atreveria a prognosticar que a única com futuro. As duas primeiras acepçons tentam pôr-lhe portas ao campo, onde galopa sem freio o andaço lusista que ameaça a harmonia de estufa-fria onde mora o galego administrado.

Os exemplos escolheitos para ilustrar as duas primeiras acepçons da voz lusismo ilustram bem às claras a dificuldade de tentar isolar o galego do influxo português: 1) “A expresión ‘gostar de’ é un lusismo”, 2) “A palabra ‘obrigado’ empregada para dar as grazas é un lusismo”. Auguro-lhe curta vida a ambas hipóteses. Quanto á primeira, é pertinente apontar que a regência da preposiçom “de” com o verbo “gostar” é optativa, como lecciona o Dicionário Houaiss [“a prep. de é freq. omitida antes de complemento oracional (p.ex.: gostaria (de) que chegassem mais cedo), o que faz com que alguns autores considerem este verbo tb. transitivo directo”]; de transitivo e intransitivo qualifica este verbo Estraviz e, o mais chocante, o próprio dicionário da RAE confirma a correcçom das expresons “gustar De correr”e“gustar De jugar”.

Quanto ao uso de obrigado como fórmula de cortesia, seria bom reparar na sua crescente vitalidade que alcança já o próprio Parlamento Espanhol por boca do deputado Nestor Rego. A terceira acepçom, a única isenta de carga ideológica é, como consequência, a mais ajustada à sua funçom descritiva: lusismo é a “Corrente lingüística que considera que o galego é unha variedade da lingua portuguesa polo que a súa codificación, particularmente a gráfica, debe realizarse procurando a converxencia co português”. Assi mesmo é.

Como quer que se veja, é bom observar que a aduana levantada contra o contrabando lusista é um autêntico crivo furado. Circulam sem receio polo país juroinvestimentoorçamentocervejaranha céus, amizade, porém... por nom falar da pujança das feiras para denominar os dias da semana, como podemos observar na manchete do Diário Nós. Em flagrante contraste, tropeçamos no dicionário da RAG com o neologismo espanhol azafata, habilitado provavelmente para tentar ocluir alternativas mais genuínas, como aeromoça ou hospedeira de bordo, seguramente habituais já para os inúmeros usuários galegos do aeroporto portuense de Sá Carneiro. Em catalám, pode ser útil lembrar, preferiu-se hostessa: hospedeira.

A imparável polinizaçom cruzada do galego polo português constitui um poderoso antídoto contra a ingerência perturbadora do castelhano. Por mero reflexo defensivo, o galego vai seguir acumulando lusismos — simples arcaísmos do galego em muitos casos — como reconfortante elixir de eterna juventude inoculado em doses homeopáticas. Os seus efeitos benéficos nom se limitam à mera depuraçom lexical e locucional, velaí temos como prova o venturoso restauro do infinitivo flexionado [resultou decisivo chegares ti naquele momento, para estarmos todos juntos...] ou do futuro de conjuntivo [seja como for, aprovaçom do orçamento se proceder, caso chegares tarde...], sem esquecer a eliminaçom de preposiçon “a” com verbos em complemento directo [chamei o médicovou visitar um amigo...] ou o uso de respostas ecoQueres pam? Quero, privativas do galego-português. Nom há como a família, amigos.

Tentar minar a língua com artefactos anti-reintegracionistas é empenho estéril na era digital. Neste ecossistema, os biótopos linguísticos marginais resultam especialmente vulneráveis ao entorno. A crescente pressom das redes sociais e o irrestrito acesso à informaçom disponível confabulam-se em detrimento dos frágeis redutos locais. A flexibilidade acumulativa e adaptativa do inglês e o número de usuários de um idioma som factores decisivos na carreira da perdurabilidade. Comparemos as 138.167 entradas do Estraviz e a sua qualidade de indulgente interface com o léxico lusófono com as 60.000 do dicionário da RAG por nom falar das 228.000 entradas do sumptuoso dicionário Houaiss que senhoreia a ecúmena portuguesa nas suas vertentes sincrónica, diacrónica e gramatical. Jogar ao regionalismo linguístico é apostar pola insignificância: pura agorafobia estéril.

O reintegracionismo quer ser umha proposta razoável de promover umha variante nacional da língua ancorada na sua própria história, fiel ao galego vivo e congruente com o português. A depuraçom de aderências exógenas é parte essencial do programa reabilitador incluídas, gostaria de acrescentar, aquelas desajeitadas ou supérfluas que fluem desde a lusofonia. Penso em palavras como desapontamento (decepçom), workshop (seminário, laboratório) e tantos outros barbarismos impertinentes e prescindíveis. A vocaçom de ponte internacional entre o galego histórico e o galego vivo e deste coma lusofonia que inspira o programa reintegracionista deve apreender a navegar entre a inoperância auto-referencial e o imoderado fascínio lusófilo. O rumo certo para o galego progredir em amistoso diálogo com o português tem muito a ver com o judicioso paradigma do galego de qualidade formulado polo professor X. R. Freixeiro Mato para utentes reflexivos do idioma que se resistem a mudar de ortografia.

A legitimidade da proposta reintegracionista que se resiste a renunciar ao seu acervo ortográfico patrimonial tem no galego histórico o melhor apologista. É chegada a hora de arvorar o nosso rico avoengo linguístico que o entulho secular enterrou. O medievalismo autóctone é mais difícil de desdenhar que o fantoche lusista. Vindicar a ortografia histórica é umha via óptima para visualizar o curso diacrónico do galego e a sua congruência genética com o português.

Deixando à parte os sufixos *vel e *bel, mais vacilantes na história do idioma, paramos mentes nos belicosos *çon e *son, severamente reprimidos no galego moderno em favor do preceptivo *ción, grato ao ouvido castelhano. Abrimos o Tesouro Medieval Informatizado da Língua Galega patrocinado polo ILG1 para consultar o conflituoso sufixo *çon nas suas diversas variantes ortográficas; acodem de imediato à chamada 911 palavras: abrigaçon, absoluiçon, acusaçon, administraçon, alegaçon (...) oraçon, partiçon, renunciaçon, resurreçon, treeçon. Repetimos a procura com o sufixo *son; brotam de contado 211 registos adicionais: ascensson, ceson, coluson, comison, confesson, geerason (…) visón, lison, posison, rason, suceson...A consulta dos dígrafos *lh* e *nh* rende colheita igualmente copiosa. Resistimo-nos a multiplicar exemplos mas nom podemos deixar de demorar um instante na rija sonoridade de caralho e colhon, no recendo rural do milho e de palheiro e no aroma literário de senlheira ou velhice. Com *nh*, logo tropeçamos com a Alamanha, a Bretanha, e com Caminha e Moanha.

Velaí o nosso idioma vivo e palpitante de quando a palavra fluía livre do pensamento à pena. Espaço geográfico documentado: o território da Galiza. Período abrangido: do ano 787 ao 1600. Material analisado: 16.000 hunidades textuais distribuídas em 82 obras. Géneros compilados: prosa notarial e nom notarial, poesia e prosa vária. Procedência do material: concelhos, mosteiros, paróquias e catedrais, crónicas, cantigas e Histórias: Galiza em pleno exercício da sua soberania cultural.

Sem cair em saudades passadistas, bem ao contrário, em perspectiva actual e projectiva, gostaríamos de interpelar a gendarmaria ortográfica acerca da chocante divergência entre a sólida feitura ortográfica dos apelidos históricos com “g” ou “j”, como Feijó, Rajoy, Gigirey, Reija e tantos mais, e a torpe distorçom ortográfica da toponímia que nos assalta na sinalética de tráfico. Ortografia correcta com deplorável ortofonia resolvida em torpe gargarejo castelhano na onomástica; abjecta ortografia com clara ortofonia na toponímia. Um absurdo atrapalhamento entre letras e sons num momento em que Galiza dispom de plena competência em matéria linguística e educativa e o mais generoso acervo de meios didácticos, científicos e divulgativos. Como testemunha de cargo ante a desídia oficial, alça-se o insubornável inventário civil de contratos, partilhas e herdanças entremeados de apelidos e topónimos originários, para recordar do ignaro atropelo ortográfico. 

Resgatar o nosso avoengo ortográfico contribuiria decisivamente a dissolver o persistente estigma de rusticidade e vergonha que impregna ainda a consciência linguística colectiva do país e a projectá-la à sua condiçom de orgulhoso brasom da nossa estirpe cultural. A burocracia linguística estabelecida deve-nos um debate sossegado e sólido sobre o ponto cego da sua excêntrica política neológica e ortográfica. A sociedade democrática a que aspiramos é incompatível com o vicioso recurso ao silêncio administrativo.

Por cima de todo há umha boa notícia que merece ser divulgada entre os simpatizantes da via reintegracionista. É o facto de poder dispor de instrumental tecnológico capaz de resolver instantaneamente qualquer dúvida ortográfica ou gramatical. Basta com seleccionar o formato linguístico desejado no editor de textos ou consultar os dicionários em linha, ou mesmo instalar um bom corrector de texto como o português Priberam. Discretos guias para transitar no nosso idioma livre de servidumes alheias.

O modelo reintegracionista nasceu maduro com o Estudo Crítico (1983, 1989) às NOMIG do ILG-RAG (1982). Muita controvérsia tem corrido sobre o assunto nestes quarenta anos. O reintegracionismo actual, frágil fruto de fervorosas adesons e discretas dissidências, acabou esgalhando finalmente na rompente do assimilacionismo ao português. Umha posiçom, hoje maioritária, opta pola assimilaçom plena vista a dificuldade de socializar o discurso galeguista original, a outra porfia em desenvolver umha variante específica para o galego. Culminada a sua agenda reintegradora, a primeira opçom empenha-se numha agenda da difusom do padrom português. A segunda, como a praticada por mim nestas mesmas páginas desde 2012, pretende acompanhar e orientar o galego em processo. Horizonte e raiz.

Ao noviciado juvenil reintegracionista sugerir-lhe-ia temperar com afável tolerância a firmeza na intençom. Atitude cautelar aconselhável, aliás, no contexto da crise dos grandes relatos em que estamos instalados. Praticar o galego sem dogmatismo, adequando o formato à oportunidade e o auditório é um preceito elementar de bom juízo, imprescindível para manter o folgo ante o incerto caminho à frente. Galego institucional quando requerido, galego reintegrado quando possível (tal foi a minha escolha para redigir a tese doutoral na USC sem contratempos, nom acreditem no suposto carácter preceptivo do galego oficial!) e português padrom quando for preferido polo destinatário. Tal foi o caso no meu recente artigo A economia galega e o comércio exterior2inserido no Anuário 2020 do IGADI.

Folheio nestes dias artigos científicos de actualidade referentes à recente detecçom da estranha onda gravitacional GW190521. Leio-os numha variante do meu próprio idioma; maravilhoso privilégio do galego por direito de origem e primogenitura que poucos idiomas possuem. Do poema medieval à literatura científica mais actual o galego sem fronteiras acompanha-me de cote. No entanto, porfio neste meu particular estilo de inequívoco sabor galego com sufixaçom medieval. Qual poderia ser a vantagem de confiná-lo num restrito reduto provincial sem vistas ao exterior?

 

1Tesouro Medieval Informatizado Língua Galegahttps://ilg.usc.es/tmilg/index.php

2 We in the world, Nós no mundo. Informa anual 2020. A paradiplomacia galega na nova normalidade: https://www.igadi.gal/web/sites/all/arquivos/igadi_weintheworld_2020.pdf

[Imaxe: Vexels - fonte: www.praza.gal]

domingo, 2 de junho de 2019

Os teus ollos pretos perto dos meus

Por L. C. Carballal

En realidade os ollos que cualificamos como “negros” non existen, agás nos casos de aneridia ou ausencia de iris, vistos de preto e con luz intensa vese que teñen unha cor castaña moi escura, e son maioritarios nas razas de orixe africana e asiática, e frecuentes entre os europeos. Con todo, o obxecto deste texto non é falarlles das cores dos iris humanos, senón de dúas palabras que empreguei no título. 

Ao escribir esta frase cometín dous erros para o galego estándar, usar a variante “perto” do adverbio “preto” e mais o adxectivo “preto” como sinónimo de “negro”. En ambos os casos por seren adoito considerados lusismos, erroneamente como pretendo demostrar. Así o Dicionario Galaxia de Usos e Dificultades da Lingua Galega (2004) declara “perto” como “variante estándar portuguesa –o cal é certo– de certo uso na lingua sobre todo en rexistros formais –que tamén é certo–. A Academia rexeita o lusismo –aquí disinto– e favorece a forma autóctona preto, que é xeral no dominio galego e máis próxima ao étimo latino –e nisto concordo– […]”. Este dicionario de dúbidas non recolle o adxectivo “preto”.
Certamente o dicionario normativo da RAG soamente recolle a primeira palabra como adxectivo sinónimo de “apertado, tupido”, e como adverbio sinónimo de “cerca”. Mais consultando o “Dicionario de dicionarios” do ILG podemos comprobar como antano varios dicionarios e vocabularios recollían tamén a variante “perto” como adverbio (Diccionario Gallego de Juan Cuveiro Piñol, 1876; Vocabulario popular castelán-galego, El Pueblo Gallego, 1926; Diccionario galego-castelán de L. Carré Alvarellos, 1926-31; Diccionario galego da rima e galego-castelán de J. Ibáñez Fernández, 1950; Diccionario galego-castelán de X.L. Franco Grande, 1972; e o Glosario de voces galegas de hoxe, USC, 1985), e “preto”, ademais de adverbio, como adxectivo sinónimo de “negro” (Colección de voces y frases de la lengua gallega de Martín Sarmiento (1746-70); Diccionario del dialecto gallego de L. Aguirre del Río, 1858; Diccionario Gallego de Juan Cuveiro Piñol, 1876; Diccionario gallego-castellano de Marcial Valladares Núñez, 1884; Diccionario galego-castelán de L. Carré Alvarellos, 1926-31; Diccionario galego da rima e galego-castelán de J. Ibáñez Fernández, 1950; Diccionario enclopédico de gallego-castellano de E. Rodríguez González, 1958-61; e Frampas, contribución al diccionario gallego de E. Rivas Quintas, 1978). E actualmente o Gran Dicionario Xerais da Lingua (2009) recolle “perto” como variante non estándar de “preto”, pero non o adxectivo “preto” como sinónimo de “negro”.
Se consultamos o Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG), que recolle o uso das palabras galegas dende o s.XVII ata 2013, comprobamos que a variante “perto” é bastante usada, aínda que sempre menos ca “preto”, sobre todo dende 1951 ata hoxe: “Perto andaban xa os lumes do campamento” (F. Bouza Brey – Cabalgadas en Salnés, 1925); “mais cando chegamos perto ó teu altar” (G. Álvarez Limeses – Antre dous séculos, 1934); “que a xusticia de lonxe era mellor que a de perto” (A. D. Rodríguez Castelao – Sempre en Galiza, 1944); “mais vivir viven perto dos pozos abisais do sapropel” (Xavier Rodríguez Baixeras – Anos de viaxe, 1987); “Polos vieiros, de lonxe e de perto” (R. Carballo Calero – A xente da Barreira, 1951); “E o balbordo fumoso cada vez máis perto” (X. Neira Vilas – Historias de emigrantes, 1968); “e o parvo anda moi perto de somellar malpocado” (E. Blanco Amor – Teatro pra a xente, 1974); “estraviado, máis perto deles ca nunca” (V. Fernández Freixanes – O triángulo inscrito na circunferencia, 1982); “dormitaba feliz perto da cheminea” (M. Forcadela – Paisaxe con muller e barco, 1990); “e a bata azul repousando perto da estufa” (X. C. Caneiro – Un xogo de apócrifos, 1997); “A lúa estaba moito máis perto aquela noite” (Afonso Eiré – Eu tamén fun coas vacas, 2000); “perto dos degraus asfaltados do cruceiro” (R. Caride Ogando – O sangue dos camiños, 2003); “Fondeamos perto desta desapracíbel illa” (Xavier Paz – Follas de bacallau, 2005); “o seu cuarto alugado, na Gaiteira, estaba perto da antiga estación do tren”, “a súa casa estaba moito máis perto” (M. Rivas – Os libros arden mal, 2006) etc.
E que “preto” como adxectivo sinónimo de negro aparece ben empregada por moitos e recoñecidos escritores, aínda que obviamente nunca tanto coma o seu sinónimo: “¿que os teus ollos pretos naquel pandeiriño que quedaron de drento?”, “Non vin tantos frades montados arreo, […]; uns iban de branco e outros de preto, outros eran pardos…”, “sobre do pescozo, do faquiño preto” (Frei Matín Sarmiento – Coloquio de 24 gallegos rústicos, 1746); “Tes cara de pan preto, […], fuciño de galga preta” (J. A. Saco y Arce – Literatura popular de Galicia, 1881); “debes té-la ialma preta, cal os olliños da cara” (E. Carré Aldao – Rayolas, 1898); “ó fitare na parte d’adrento unha preta e unha mulata” (Ricardo Carballal – De min pra vós. Contos do pobo, 1928); “A estrada, preta e lisa, estaba deitada…” (X. L. Méndez Ferrín – Percival e outras historias, 1958); “e foi morrer ao pé da Raíña Preta!”, “tres figuras na lomba […]. As tres moi pretas sobre un ceo moi roxo de serán” (Rafael Dieste – Dos arquivos do trasno, 1962); “Ten cornas siamesas de lúa en xirante, ista vaca preta, marroa e xigante”, “xogarás con rizos loiros, xogarás con rizos pretos” (G. Mariñas del Valle – A resolta e outras farsas, 1965); “Era fillo de ganza dun emigrado e dunha preta” (X. Filgueira Valverde – Adral, 1979); “Parda se é parda. Marela se o é, ou preta. Cincenta…”, “Detesto as fibelas pretas que penduran…” (M. Ledo Andión – Trasalba ou Violeta e o militar morto, 1985); “leóns de cabeleira preta naquelas cavernas”, “uns meniños pillan a gavota de mea cabeza preta cunha brinca cebada de miñoca” (X. L. Méndez Ferrín – Bretaña, Esmeraldina, 1987); “afundín os ollos e a vida naquela cabeleira preta e ourente”, un voitre preto e grande que andaba polo chan” (Antón Castro – Vida e morte da baleas, 1997); “que vén vestida enteiramente de cor preta” (Víctor Vaqueiro – Os xenerais de África, 1999); “os cascos do faco preto galiciano” (Anxo Angueira – Pensa nao, 1999); “e seguiuno un xove de raza preta” (Bieito Iglesias – O mellor francés de Barcelona, 1999); “polas faces tenras dos meniños, pretos ou louros tanto ten” (R. Caride Ogando – O sangue dos camiños, 2003) etc.
Loxicamente, o amplo uso destas palabras no galego moderno non anula a teoría de que se traten de lusismos adoptados polos nosos escritores. Para isto hai que recorrer a outras probas, que me semellan irrefutábeis. Así se as procuramos no Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG) comprobamos que se ben a forma “perto” se rexistra soamente en 4 ocasións contra as 75 de “preto” (encima dũa hermida, preto da salgada agua do mar; E Xerez, preto d’Aguadalquivir; e hũas choças que son preto do nosso camyo – Cantigas de Sta. María, 1264-84 etc.), é evidente que, aínda que minoritaría, resulta nidiamente utilizada: “um tal ome sei que perto sente de si [a] morte” (Lírica Profana, 1240-1300); “sayrõ depos el, et forõ a perto del” (Miragres de Santiago, 1390-1420); “et entesta enno camino perto que vay de Tuy pra Salvaterra” (1447). E que nos 107 rexistros de “preto”, forma maioritaria do adverbio, recollemos 26 apelidos, cuxo significado non pode ser máis ca o de “negro” segundo veremos máis adiante, e 6 adxectivos co mesmo siginificado: “que saysse todo de hũa color, todo blanco ou preto que fosse de Labam” (Xeral Historia, 1300-50); “amarelo, outra vez yndeo, outra vez preto, outra vez color do çeo” (Historia Troiana, 1350-75); “cabelo crespo e preto, et era tã brãco ĕno corpo” (Crónica Troiana, 1370-73); “venda e remataçón de un manto preto con dez e noue botós” (testamento, 1431); “frayras del velo preto do dito mosteyro (foro, 1502); “a miña saya de orillado preto (protocolo, 1519). Aos que temos de engadir os rexistros das forma plural –9 rexistros–: “et degolou os dous carneyros pretos”, “et os ollos aviã grãdes et pretos” (Historia Troiana, 1350-99); e femininas –6 rexistros–: “desta moeda preta que non es enblanqueada (carta, 1274), “trage hua pedrelina preta que trage figura d angeo engastoada” (testameto, 1348), “et todolos caualeyros cõ capas pretas” (Crónica Xeral e Crónica de Castela, 1295-1312), “todas blancas et as outras todas pretas que as desse a gardar a el” (Xeral Historia, 1300-30), “en baraças de linno pretas” (confirmación, 1376). Lusismos no galego medieval?
Mais tanto “perto” coma o adxectivo “preto” non son reliquias, pois hai claros testemuños do seu uso ata, ao menos, finais do s. XX. Así o Atlas Lingüístico Galego vol. V, mapa 100 (ILG, 2005) recolle o adxectivo “preto” para o concepto “moreno” en Lubián (Zamora). O Tesouro do Léxico Patrimonial Galego e Portugués (ILG-USC) tamén recolle o adxectivo como sinónimo de “negro” e mais de “suxo” en Ponteareas (PO). E o escritor e ex-académico X. L. Méndez Ferrín di no seu “Consultorio dos Nomes e dos Apelidos Galegos” (Xerais, 2007) acerca do apelido “Preto”, castelanizado en Prieto, que significa “negro”, que xurdiu para denominar a persoas de pel moi escura e que na súa infancia se usaba este adxectivo para alcumar un abade, polo que na altura a palabra tiña de estar ben viva.
Ademais, o adxectivo “preto” como sinónimo de “negro ou escuro”, amais de en portugués, está presente na lingua asturiana, prietu, con este único significado (Diccionariu asturianu-castellanu de X.X. Sánchez Vicente, ed. Trabe, 2008); e na lingua castelá, prieto, tamén serve para se referir á cor escura ou negra nas acepcións 4º a 7º (dicionario da RAE). É difícil entender que este adxectivo non teña a acepción de “negro” ou “escuro” na nosa lingua e si en todas as demais linguas próximas.
En conclusión, o máis habitual, xa dende a Idade Media, é dicir: “os teus ollos negros preto dos meus”, mais facelo como o podería dicir un portugués non é lusismo ningún, porque son palabras tan nosas coma deles. E así mesmo coma en portugués, o adverbio “preto/perto” pronúnciase con E aberto, mentres que o adxectivo “preto” con E pechado, tal como di Méndez Ferrín no seu artigo sobre o apelido “Preto”.
Canto á omisión destas palabras no dicionario da RAG descoñezo os motivos, se os hai, visto que xa inclúe un bo número de variantes que están na mesma situación ca o adverbio “preto/perto”: aire/ar, aprender/deprender, auga/agua, baixada/baixeira, chuvia/choiva, coidar/cuidar, dicir/decer, eixe/eixo, gustar/gostar, maior/mor, malo/mao, merlo/melro, moito/muito, néboa/nebra, nordés/nordeste, oír/ouvir, orela/ourela, para/pra, pero/pro, poñer/pór, rocha/roca, sufrir/sofrer, ti/tu, tombar/tumbar, xeonllo/xollo etc.; e que o adxectivo “preto” co significado de “negro” está perfeitamente demostrado no galego histórico, literario e oral.

[Fonte: www.praza.gal]

segunda-feira, 20 de maio de 2019

Galego-portugués, galego medieval ou portugués medieval

Por L. C. Carballal 

Hoxe parece indiscutíbel que a lingua medieval xurdida por evolución do latín na parte occidental da antiga provincia romana de Gallaecia –dado que na oriental xurdiu o que hoxe denominamos “asturleonés”– reciba o nome de “galego-portugués”, porque dela xurdiron á súa vez as modernas linguas galega e portuguesa –ou variantes dunha única lingua galego-portuguesa pra algúns lingüístas–. Aínda que o Lusismo galego debería negar, por coherencia, esta denominación que se contradí coa inexistencia dunha lingua galega que non recoñece: Academia Galega da Língua Portuguesa.
A lingua formouse a partir do s. VIII, coma o resto das linguas romances, pro o primeiro texto conservado data de finais do s. XII, moi posterior ao seu desenvolvemento oral, coma na maioría das linguas romances –como curiosidade o primeiro texto en romanés é do s. XVI–.
O reino de Portugal fórmase en 1128 como consecuencia da separación da parte meridional do Reino de Galiza, polo que os portugueses ata esa altura foran galegos e falaban galego e a partir de entón serían portugueses e falarían portugués, mais a lingua de ámbolos dous reinos durante case tres séculos despois seguiría a ser esencialmente a mesma. Pra algúns lingüístas a diferenciación entre ámbalas falas comezaría no s. XIV pra avanzar gradualmente ata a situación actual, outros retroceden o fenómeno e xa existirían pequenas diferenzas dende o mesmo nacemento deste romance, e pra outros as principais diferenzas son unicamente produto da interferencia do castelán no galego e se se suprimisen estas non restaría máis ca dúas variantes dunha mesma lingua. Secasí, isto non é o propósito do presente texto.
O obxectivo é a denominación da lingua iberorrómanica occidental formada a partir do s. VIII que posteriormente sería coñecida cos nomes de galego e portugués e que hoxe denominamos como galego-portugués, termo inventado pola lingüística portuguesa no s. XIX pra poder incluír o xentilicio patrio na denominación da lingua romance orixinaria do seu idioma nacional. Denominación insustentábel dende un punto de vista histórico, porque denantes da independencia portuguesa non había portugueses senón galegos do “Condado portucalense” pro si lingua romance.
Durante a Idade Media as linguas podían recibir varios nomes, por veces segundo os reinos onde se falaban, e así pasaba co valenciano: romanç, català, valencià ou llemosí –hoxe denominado “valenciano” na Comunidade Valenciana e “catalán” en Cataluña, Illas Baleares e Andorra–, co éuscaro: lingua navarrorum, biscaíño, vasco/basque ou vascuence, ou co galego e mailo portugués (este nome a partir do s. XII en diante), foi esta duplicidade denominativa prá mesma lingua a que xustifica a denominación composta de “galego-portugués” actual, mais o que é asumíbel prós séculos XII, XIII e XIV non o é prós séculos anteriores, onde o galego-portugués soamente pode ser denominado como ”galego medieval”, o contrario é tan anacrónico como denominar “hispanoamericano” –hai algunha proposta ao respecto– ao castelán de España ou mesmo ao castelán americano dos séculos XVI e XVII, ou español medieval ao castelán medieval –aínda que exemplos hai–.
A Lingüística, moderna e científica xaora, nace no s. XIX co estudo comparativo das linguas romances e xermánicas; nun inicio cunha visión moi estatal das linguas que irá evoluíndo ata unha clasificación actual das linguas independentemente do seu status oficial ou prestixioso. Xa que logo, ninguén pode pretender que as denominacións dadas ás linguas en épocas pretéritas teña algo que ver co máis mínimo rigor científico. E o nome que recibía o galego era “romanço” (s. XIII e XIV) ou “romance” (s. XIV e XV), que con distintas variantes era o que tamén recibía calquera fala neolatina na altura: romanz, romance, romans etc., e que mesmo chegou ata hoxe como denominación da lingua romanche (rumantsch); amais do xentilicio do país: lyngoage galega, lingoajen galego.
Como sabemos o presente e mailo futuro dos idiomas inglés, castelán ou portugués está esencialmente en América –aínda que moitos europeos non o queiran asumir–, continente onde teñen o groso dos seus falantes e o seu mellor augurio de crecemento, por isto quizais nun porvir non moi lonxincuo os falantes de “american”, “hispano(americano)” e “brasileiro” falen das orixes das súas linguas como: “english american”, “hispano español” e “hispano castellano” –pró medieval– e “brasileiro português” nun exercicio de impostura coma o que se dá co “galego-portugués” dos primeiros séculos. A idea dunha “língua brasileira” diferente do portugués, con diferenzas fonéticas, léxicas e mesmo morfosintácticas, toma forma e pulo a partir da independencia do Brasil no inicio do s. XIX e dende entón non deixou de ser formulada como unha realidade clasificada de diferentes maneiras segundo os lingüístas do país; así mesmo, aínda que non dun xeito tan marcado, nos EUA xorde a convicción dun inglés particular que xa non pode ser considerado simplemente inglés: o “american english”, cuxas maiores diferenzas respecto ao inglés de Inglaterra son de índole fonético e léxico; e nos países hispanoamericanos, especialmente na Arxentina e no Uruguai, onde as diferenzas maiormente fonéticas e léxicas, pro tamén morfolóxicas, permiten falar dun “castellano rioplatense” non subordinado ao castelán español que chegou a modificar a conxugación verbal tradicional da RAE, ao incluír o pronome “vos” e as súas formas verbais correlativas en paridade con “”.
Nas denominacións do “iberorromance occidental” ou “galego-portugués”, cando falemos seguindo un criterio cronolóxico, deberiamos usar os termos de: galego medieval > galego-portugués (medieval) > portugués e galego > portugués europeo, portugués brasileiro e galego > e seica nun futuro: brasileiro, portugués, galego e quizais angolano, mozambicano etc.; porque as linguas mentres están vivas evolúen mudando a súa fonética, morfosintaxe e léxico segundo os lugares onde se falan, así pasou sempre e seguirá a pasar. A pretendida “unidade dos idiomas” é máis un desexo ca unha realidade, unha utopía universalista desmentida pola historia.

[Fonte: www.praza.gal]

terça-feira, 12 de fevereiro de 2019

Léxico patrimonial non recuperado

En lingüística denomínase “léxico patrimonial” dun idioma a todo o vocabulario autóctono desa lingua, é dicir, o xerado de seu e non o tomado doutros idiomas aínda que teña pleno uso.

Por L. C. Carballal

Nas linguas romances é o que presenta a evolución, coas transformacións fonéticas e/ou semánticas propias de cada lingua, dende o seu étimo latino (Ex.: auga, beleza, ceo, dúbida, fariña, herba, lúa, morea, noite, ovo, pau, roda, soidade, táboa, voda, xeo etc.) e tamén as palabras non latinas incorporadas ao idioma en época antiga ou de orixe latina pro incorporadas dende outras linguas romances (Ex.: alfaia, amorodo, azucre, berce, branco, burato, carballo, esquerdo, frecha, gándara, helmo, homenaxe, roupa, veiga, xardín, xarope etc.).  
 
As verbas incorporadas posteriormente, ben dende o latín e mailo grego antigo, ben dende outras linguas contemporáneas, reciben o nome de cultismos e semicultismos, dependendo do grao de transformación do étimo orixinal na lingua romance, no primeiro caso, e neoloxismos no segundo.
O noso idioma, por mor da secular situación de diglosia en que vive, foi perdendo parte do seu léxico patrimonial, substituíndoo polo léxico castelán, ora adoptando as palabras castelás (Ex.: escoba por vasoira, nudo por nó, pizarra por lousa, pulpo por polbo, tiza por xiz etc.), ora adaptándoas á nosa pronuncia ou trazos característicos (Ex.: conexo por coello, desaiuno por almorzo, sonaxeiro por axóuxere, tearaña por arañeira, verxa por enreixado etc.), mais en ámbolos casos asumindo estes castelanismos como léxico propio. Por isto a estandarización esixe unha recuperación dese vocabulario de noso substituído na fala polas formas castelás, que ameazan converter a nosa lingua nunha sorte de dialecto diferenciado do idioma hexemónico, etapa necesaria previa á súa desaparición como lingua viva. Por isto é fundamental a recuperación do léxico patrimonial prá supervivencia dun idioma sometido a un proceso de “minorización” lingüística e posterior “glotocidio” –termos ambos non incluídos no dicionario da RAG– como é o noso.
Nun texto anterior facía fincapé en todo un gran número de palabras que se estaban a perder por as non usarmos polo simple feito de non teren correspondencia con outras do léxico castelán, mais todas elas si estaban recolleitas polo dicionario da RAG; xa que logo, era un problema que se xeraba nos falantes e non unha carencia dos lexicólogos galegos. Porén agora quero incidir na lexicografía da RAG e os seus incoherentes e, pra min, ignotos criterios á hora de recuperar o noso léxico patrimonial.
O proceso de estandarización do noso idioma foi, e aínda é, tamén un proceso simultáneo de recuperación das características morfosintácticas e do léxico perdidos ou esmorecentes da nosa lingua. O grao de degradación do galego esixía tal procedemento se se quería unha lingua estándar cun mínimo de pureza e idiosincrasia fronte á mestiza fala oral maioritaria nos finais do século XX. A desavinza lingüística entre os partidarios dun estándar baseado na fala e os defensores dun galego depurado de castelanismos fixo que o proceso fose lento nun constante tira e puxa na aceptación de palabras patrimoniais recuperadas pró galego estándar en substitución dos castelanismos usados ata a altura. Baste lembrar como palabras como: alemana, amplio, anque, bretona, comenzo/comenzar –aínda admitidas pro desaconselladas polo dicionario da RAG–, diccionario, entonces, leona, precio, victoria, xuício, xusticia etc., recuperaron a súa forma galega, a miúdo adaptada á ortografía vixente: alemá, amplo, aínda que, comezo/comezar, dicionario, entón, leoa, prezo, vitoria, xuízo, xustiza etc. Mais houbo que agardar ata 2003 pra recuperar un significativo grupo de palabras patrimoniais como: alén, aquén, após, diferenza, espazo, estudo/estudar, Galiza, graza, licenza, nacenza, novizo, porén, presenza, querenza, reitor, seita, sentenza, servizo, terzo, vogal etc., por mor dun acordo entre reintegracionistas de mínimos e a RAG.
Así e todo, aínda restan palabras patrimoniais sen restaurar, descoñendo o motivo que as relega ao limbo dos arcaísmos ou lusismos, como denantes estiveron outras semellantes por iguais motivos e acusacións. É o caso de:
Defeito e defeituoso pro defección, defectíbel e defectivo coma en portugués: defeito, defeituoso, defeção, defetível e defetivo fronte ao castelán: defecto, defectuoso, defección, defectible e defectivo. O galego medieval rexistra ámbalas formas: “defeito/defeytos” e “defecto/defectos”, mais unicamente a primeira se usa nos s. XIV e XV fronte á segunda que aparece soamente no s. XV. Os séculos posteriores consagran as formas coincidentes co castelán, conforme amosa o TILG (Tesouro Informatizado da Lingua Galega) –ordenadas de maior a menor uso e co ano da primeira aparición–: defecto(s) (1863) e defectuoso(s)/-a(s) (1897) e mesmo “defectosa” (D.X. Cabana – O cervo na torre, 1994), defeuto(s) (1746) e defeutuoso(s)/-a (1895), defeito(s) (1897) e defeituoso/-a(s) (1897) ou defeitoso/-a (1921), e defeto(s) (1972) e defetuosa e defetosa (1983, texto dialectal).
Leitura, leitor e lición pro lectivo e leccionar (= dar licións a) e os seus derivados: leccionista, leccionando, leccionamento e leccionación, palabras que o galego non ten porque tampouco as ten o castelán. O portugués usa: leitura, leitor, lição pro letivo, lecionar, lecionista, lecionando, lecionamento e lecionação; seica un modelo máis acorde coa nosa tradición fronte á copia castelá en uso: lectura, lector, lección e lectivo. Porque non se debe esquecer que na lingua medieval se rexistra dúas veces “leitura/leytura” fronte a unha “lectura”, nun texto moi castelanizado ademais, e unha “letura”, todas no s. XV; de certo soamente aparece a forma “lector” nun texto do s. XV pro tamén só se recolle a forma “lyções” nun texto do s. XIV. Aínda que nos séculos posteriores se impuxeron os castelanismos non por isto deixou de haber tentativas pra recuperar ou adaptar as formas patrimoniais segundo comprobamos no TILG, así a maioritaria “lectura(s)” comparte escritura coas formas vulgares “leutura(s)” e “letura(s)” e a patrimonial “leitura(s)”, a forma minoritaria máis frecuente e empregada por escritores como: A. López Ferreiro, Rafael Dieste, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Castelao, A. Cunqueiro, A. Fole, Martínez Oca, Méndez Ferrín etc.; a maioritaria “lector(es)/-a(s)” e as menos usadas “leutor(es)/-a(s)”, “letor(es)/-a(s)” e “leitor(es)/-a(s)”, de novo a forma patrimonial é a minoritaria máis rexistrada; e xunto á maioritaria “lección(s)” as minoritarias “leución(s)/leuciós/leuciois”, “leción(s)”, “leizón(s)” e tamén “lición(s)”, esta en escritores como M. García Barros (As aventuras de Alberte Quiñoi, 1972) ou X.L. Méndez Ferrín (Crónica de nós, 1980), e “lizón(s)”.
Perfeito, perfeición e perfeicionar pro perfeccinismo, perfectíbel e perfectivo; e incluíndo tamén os seus derivados: imperfeito, imperfeición pro imperfectíbel, imperfectivo e pluscuamperfeito (coma en pt.: perfeito, perfeição, perfeiçoar, imperfeito, imperfeição, imperfeiçoar e mais-que-perfeito pro perfecionismo, perfetível, perfetivo, imperfetível, imperfetivo, imperfetibilidade); no canto de copiar o modelo castelán: perfecto, perfección, imperfecto, pluscuamperfecto etc. Pois non hai que esquecer que “perfeito/perfeyto” (coa súa variación de xénero e número) é a única forma rexistrada no galego medieval xunto a “perfeyçõ”, polo que parecería máis coherente adaptar a solución portuguesa en vez da castelá. No galego moderno as formas máis usadas de máis a menos son, segundo o TILG –e co ano da primeira aparición–: perfecto(s)/-a(s) (1853), perfeito(s)/-a(s) (1746), perfeuto(s)/-a(s) (1861) e perfeto/-a (1975, cun par de rexistros só); e perfección (1861)/perfeccións (1926)/perfecciós (1926), perfeición (1895)/perfeiciós (1889)/ perfeicións (1928), perfeución (1877)/ perfeuciós (1886)/ perfeucións (1889), perfeizón (1977) e perfeción (1901). Como se pode comprobar no galego moderno sempre houbo unha tentativa de recuperar as formas antigas.
Respeito, respeitar, respeitoso, respeitábel, respeitabilidade pro respectivo (coma en pt.: respeito, respeitar, respeitoso, respeitável, respeitabilidade e respetivo) fronte aos normativos: respecto, respectar, respectuoso, respectable, respectabilidade e respectivo (cuxa pronuncia coincide cos casteláns: respeto, respetar, respetuoso, respetable, respetabilidad e respectivo). Convén lembrar que “respeito/respeyto” é a forma máis usual no galego medieval (15 rexistros) fronte a “respecto” (5 rexistros), mentres que “respeitar” aparece con 2 rexistros (escrito como “rrespeitar”) por ningún de “respectar”. Dentro desta familia de palabras o galego normativo ten “irrespectuoso”, coma en castelán (irrespetuoso), mentres que o portugués pró mesmo significado usa “desrespeitoso” e amais as palabras “desrespeito” e “desrespeitar” cos significados de “falta de respecto” e “faltar ao respecto”. Todo un exemplo irrefutábel de cal é o modelo dos nosos lexicólogos. Na escrita moderna, consultando o TILG, as formas empregadas de máis a menos uso e coa data da primeira aparición son: respecto(s) (1863), respeto(s) (1826), respeito(s) (1697) e respeuto(s) (1746); e respetar (1810), respectar (1912) –que tras esta primeira data desaparece pra non volver aparecer ata 1991– e respeitar (1889), pois non se rexistra “respeutar” como forma en infinitivo. Parece significativo o emprego de “respeito”, suposto lusismo prá RAG, aínda no s. XVII, continuando o uso medieval, non? Coido que “respecto” é un cultismo tanto no s. XV, século onde se rexistran moitas grafías latinizantes, coma agora, mais un cultismo innecesario.
Pro amais, outras palabras entrarían dentro do que sería seguir a nosa tradición patrimonial asumindo o punto cuarto dos principios das NOMIG (Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego) que di: “[…]. Para o arrequecemento do léxico culto, nomeadamente no referido aos ámbitos científico e técnico, o portugués será considerado recurso fundamental, sempre que esta adopción non for contraria ás características estruturais do galego. […]”, como sería o caso de: 
Conceito, conceitual, conceituar, conceituoso e conceición (< pt. conceito, conceitual, conceituar, conceituosoe conceição fronte ao es. concepto, conceptual, conceptuar, conceptuoso e concepción). Na escrita moderna as formas usadas consultando o TILG, de máis a menos e co ano da primeira aparición son: “concepto(s)” (1901), “conceito(s)” (1889), “conceuto(s)” (1862) e “conceto(s)” (1930). E “concepción(s)” (1884), cos plurais dialectais moi minoritarios “concepciós (1917) e “concepciois (2006); “conceición(s)” (1895), onde o plural dialectal “conceiciós” foi máis frecuente entre 1917 e 1963, e houbo un pequeno uso de “conceizón(s)” entre 1917 e 1934; “conceución(s)” (de 1883 ata 1998), destacando máis plurais “conceuciós” ca “conceucións” e un mínimo “conceuzón”; e “conceción” (1930), utilizada escasamente en textos dialectais. Como se comproba “conceito” e “conceición” son as formas descastelanizadas máis empregadas polo galego contemporáneo.
Efeito pro efectuar, efectíbel e efectuoso (< pt. efeito, efetuar, efetível e efetuoso fronte ao es. efecto, efectuar, efectista e efectivo). No galego moderno, conforme o TILG, o lusismo “efeito” é a forma máis usada entre as minoritarias (dende 1895 ata 1999) fronte aos vulgarismos “efeuto” (dende 1746 a 1993) e o moi esporádico “efeto” pro a distancia do moi maioritario castelanismo “efecto” (dende 1810 ata hoxe).
Elixir, eleición, eleito, eleitor, eleitoral e eleitorado (< pt. eleger, eleição, eleito, eleitor, eleitoral e eleitoradofronte ao es. elegir, elección, electo, elector, electoral e electorado). No galego moderno, consultando o TILG, hai clara maioría de uso da forma verbal escolleita pola RAG: “elixir” (dende 1886 ata hoxe), fronte ao castelanismo “elexir” (dende 1877 ata 2007) e á adaptación do portugués: “eleger”> “elexer” (usado só moi recentemente entre 1985 e 1993). Tamén hai incuestionábel maioría do substantivo castelán “elección(s)” (dende 1812), cun uso mínimo dos plurais dialectais: “elecciós” e “elecciois”, fronte ás formas vulgares: eleución (1853), cuxo plural máis usado é “eleuciós” no canto de “eleucións”, e “eleción” (1972); e ao lusismo adaptado “eleición” (1897), a forma minoritaria máis empregada, mesmo por escritores como X.L. Méndez Ferrín (Dosinda Areses, 1998). Mais a forma máis empregada do actual adxectivo/participio “electo” (dende 1905) é “eleito” (dende 1886 ata 1996, en D.X. Cabana – Morte de Rei), co un uso reducido do vulgarismo “eleuto” (entre 1883 e 1919).
Preceito, preceituar e preceituoso pro precector e preceptivo (< pt. preceito, preceituar, preceituoso, precetor, precetivo fronte ao es. precepto, preceptuar, preceptivo e preceptor). Segundo o TILG as formas máis usadas, co ano da súa primeira aparición, no galego moderno son: precepto(s) (1836), preceuto(s) (1853), preceito(s) (1918) e preceto (1986, nun só texto dialectal). Neste caso o castelanismo e o vulgarismo están diante da forma máis semellante ao noso léxico patrimonial.
Ou prefeito e prefeitura (< pt. prefeito, prefeitura e prefeitoral en fronte de es. prefecto e prefectura). Ámbalas palabras con non moito uso, como se ve no TILG, pro destacando lixeiramente sempre as formas castelás: “prefecto(s)” (dende 1917) e “prefectura(s)” (dende 1990); sobor do lusismos: “prefeito” (de 1963 a 1984) e “prefeitura” (1958, X.L. Méndez Ferrín – Percival e outras historias); e os vulgarismos: “prefeuto(s)” (de 1877 a 1930, pro tamén como metátese de “perfeuto(s)”) e “prefeto” (1910), sen rexistro de “prefeutura” nin “prefetura”.
E por último, unha comparación das verbas acabadas en “–feito” en galego e portugués e as súas correspondentes en castelán dá como resultado que soamente coinciden aquelas que se corresponden coa terminación “–hecho/–fecho” en castelán (pt. e gl. afeito e es. afecho [desus.], pt. e gl. feito e es. hecho, pt. e gl. satisfeito e es. satisfecho etc.) mentres que o resto coinciden sempre entre galego e castelán (pt. defeito e gl. e es. defecto, pt. perfeito e gl. e es. perfecto, pt. rarefeito/rarefato e gl. e es. rarefacto etc.). Curiosamente o portugués ten as palabras “malfeito” e “benfeito” dos verbos “malfazer” e “benfazer”, pro o galego só “malfeito” de “malfacer” coma o castelán “malhecho”, que non ten verbos “malhacer” –aínda que consta un antigo “malfacer”– nin “benhacer” senón “hacer mal” ou “hacer bien”.
Recentemente (Praza Pública, 10-01-2019), co gallo dun acordo de colaboración coa Academia Brasileira de Letras, o actual presidente da RAG, o señor Víctor Freixanes, afirmaba que “o galego non é unha lingua local, é unha lingua que forma parte dun proxecto internacional” e tamén que “a lingua galega forma parte dunha familia onde están os irmáns de Portugal, do Brasil, de Angola, Cabo Verde, Mozambique…”, mais á vista está que o noso modelo de vocabulario culto segue a proceder do castelán e non do portugués, contravindo o punto cuarto das NOMIG, polo que tales declaracións semellan un acto de cinismo.


[Fonte: www.praza.gal]