domingo, 28 de janeiro de 2024

Unha vitoria para o galego nun xulgado de Vigo: "Pode pedir un tradutor"

 A lingua propia usouse nun xuízo malia os intentos dunha parte de que non fose así.

Cidade da Xustiza, en Vigo. (Foto: Rodrigo Paz)                           Cidade da Xustiza, en Vigo
 
Por X. M. P.

A situación do galego na xustiza non é precisamente para tirar foguetes. Nin o seu uso nas sesións nin a súa presenza en escritos e documentos están en consonancia co que debería de corresponder á lingua propia e unha das dúas linguas oficiais de Galiza. De aí que garantir presenza e espazo para o galego na xustiza, por anecdótico que poida parecer, sexa sempre un paso adiante.

Sábeo ben Elsa Quintas, avogada e persoa comprometida co idioma. Ela propia ven de narrar nas redes sociais o que lle sucedeu nun xuízo en Vigo, onde houbo unha tentativa pola parte contraria de que non usase o galego. Quintas comenta en conversa con Nós Diario que ese tipo de comportamentos como o que ela afrontou nese xuízo “non é algo habitual”. Mais acontece.

 
[Foto: Rodrigo Paz - fonte: www.nosdiario.gal]

Sem comentários:

Enviar um comentário