As ditaduras arxentina e uruguaia marcaron a mocidade da directora afincada en Galicia
Por
Tres curtametraxes e sete longos -entre eles, Os pasos perdidos e Faragullas de pan- compoñen a filmografía da directora uruguaia afincada en Galicia Manane Rodríguez (Montevideo, 1954). Son a materia prima que arma o libro Manane Rodríguez, voz en liberdade (Éride), no que Antonio Peláez Barceló documenta cada un dos títulos desa carreira que se inicia en 1990 co curto Xogo de café e cuxa última entrega, por agora, é Faragullas de pan,
do 2016. Ambas as producións enmarcan unha traxectoria coherente,
cohesionada por unha mirada reconocible e o compromiso, desde a ficción
-aínda que na súa filmografía figure tamén un documental, Memorias rotas,
sobre un episodio da Guerra Civil-, cos valores cívicos e políticos
vinculados á democracia, como recorda no prólogo Xavier Bermúdez.
As ditaduras arxentina e uruguaia marcaron a mocidade da directora e están presentes en películas como Os pasos perdidos e Faragullas de pan.
As súas consecuencias, especialmente no plano moral, son examinadas
pola cineasta, quen dedicou boa parte do seu traballo á loita e
resistencia contra o fascismo e o totalitarismo, segundo Bermúdez.
Voz en liberdade
ten a virtude de, ademais de documentar os títulos da directora, de
incluír as súas explicacións acerca das circunstancias que rodearon a
xestación e filmación de cada película. A cineasta reconstrúe o Uruguai
da súa mocidade e os seus primeiros pasos na sétima arte.
Completan o
libro cinco artigos asinados por Mirito Torreiro, Miguel Marías,
Mercedes Altuna, Federico Beltramelli e Luis Dufurr.
[Fonte: www.lavozdegalicia.es]
Sem comentários:
Enviar um comentário