sábado, 7 de julho de 2018

O pianista británico James Rhodes escribe e defende a lingua galega

Durante a súa visita a Vigo decidiu saudar en galego aos seus miles de seguidores en Twitter e respondeu a un usuario que o criticou por usar a lingua galega.
James Rhodes.
James Rhodes
O pianista británico James Rhodes actúa este sábado día 7 no Auditorio Mar de Vigo. Aproveitando a súa estadía na cidade galega, Rhodes decidiu aprender algo de galego e saudar en galego en Twitter a todos os galegos e tamén aos milleiros de seguidores que ten o músico nesta rede social.
"Este é o meu primeiro tuit en galego. Espero que non sexa un desastre. Encántame estar aquí e quería dicilo. Especialmente a comida", escribiu Rhodes en Twitter, na mañá de hoxe.

Este é o meu primeiro tuit en galego. Espero que non sexa un desastre. Encántame estar aquí e quería dicilo. Especialmente a comida 🙄


Que teñades un fermoso día 💜



Non só foi un xesto. Rhodes tamén demostrou o seu compromiso coas culturas non dominantes cando un usuario de Twitter lle recriminou que usase a lingua galega. "Pues que te siga el que sepa gallego. Adiós", díxolle o usuario Mardialón (@Mardialon65). Ao que Rhodes respondeu: "Adeus ao meu amigo 👋🏻", mostrándolle que non vai deixar de usar a lingua galega pola intolerancia dalgúns.


En Twitter, James Rhodes é toda unha estrela, con máis de 110.000 seguidores. Nado en Londres, o 6 de marzo de 1975, Rhodes é un pianista británico coñecido tamén polo seu activismo na denuncia sobre os abusos sexuais a menores. Desde 2017, reside en Madrid.


[Fonte: www.galiciaconfidencial.com]

Sem comentários:

Enviar um comentário