Brais Lamela (Vilalba, 1994) publica A lingua estranxeira (Galaxia), unha novela que cuestiona os relatos da colonización transatlántica a través de catro liñas narrativas. O autor afonda a través desta obra na identidade, a memoria e a linguaxe para explorar as pegadas da violencia colonial no tempo presente.
O autor Brais Lamela
Escrito por Sergio Casal
—Como foi o
proceso de creación de A lingua estranxeira?
—A novela ten catro liñas narrativas. Como
chegou a esa estrutura tan complexa?
Ten unha estrutura bastante complexa e penso que foi algo que se foi revelando.
Interesábame explorar distintos rexistros e como podían dialogar distintas
voces. A decisión máis crucial para a forma da novela foi elixir entre esas
voces unha voz histórica. Unha voz decimonónica totalmente allea á miña
experiencia. Para documentarme, lin moita novela de viaxes e houbo unha idea de
apostar pola ficción para habitar voces moi distintas á miña.
—Que mudou e que se mantén respecto de Ninguén
queda?
Hai unha cousa que se mantén claramente, que son os temas que me interesan e
sigo gravitando cara a eles. Sobre os cambios, diría que os hai importantes no
estilo. Tamén é unha novela que aposta máis pola ficción que Ninguén
queda.
Se cadra, non é tan claro ao principio, pero
a medida que avanza, un vaise decatando máis. Tamén penso que outra das cousas
que ten é que é un libro que non revela as súas capas ao momento. Gústanme ese
tipo de libros e teño a sensación de que nesta época de inmediatez, a ficción
pode ser ese lugar no que aínda podemos estar un pouco desorientados e
perdidos, e nesa desorientación podemos atopar cousas novas ou sensibilidades
distintas.
—Sobre o concepto do “país impuro dos sen-nome". Que
significa ese país dentro da narración?
É algo que aínda está por ver. Foi unha idea que me interesaba deixar algo
aberta á interpretación. En parte, referíame a que todo o libro ten un xogo
grande coa anonimia: hai personaxes sen nome e o país no que sucede o libro non
se nomea. Por unha parte, un nome xa nos transmite unha idea moi clara e, cando
quitas os nomes, convértese a prosa nun lugar no que se poden resignificar as
ideas.
[Foto: Kalandraka
- fonte: www.nosdiario.gal]

Sem comentários:
Enviar um comentário