Nunha actividade como a literaria, situarse nas marxes ten as súas consecuencias. O escritor Alberte Momán (Ferrol, 1976) sábeo ben após unha traxectoria prolífica e intensa que o uniu á narrativa e á poesía durante moitos anos. Non seguiu modas nin movementos, mais si participou de numerosos colectivos. Este 2026 lanzou a reedición do seu poemario trilingüe 'A seiva calcinada' e non descarta facer novas obras próximas ao estilo Pulp.
![]() |
O escritor Alberte Momán, nunha praza da cidade de Lugo, o 19 de agosto.
Por Antón Escuredo
A
sinceridade é unha das virtudes de Alberte Momán, mesmo para falar da súa actividade
literaria. O seu interese por escribir e publicar levouno a participar en
numerosas iniciativas colectivas e individuais, compartindo libros e escenario
ou presentándose en solitario. Nesta entrevista para Nós Diario fala
da súa obra e dunha traxectoria na que descubriu a autoedición.
—Desde 2003 e até a data ten publicado 20 obras de poesía e 23 de
narrativa. Sería o que chamaríamos un escritor prolífico. Cal é a razón desta
esta “voracidade” literaria?
Por outra parte, as miñas novelas son “micronovelas”. Son
breves, rara vez chegan ás 100 páxinas, nunha liña moi próxima ao Pulp clásico.
Con todo, tento darlles un pouco máis de contido, de reflexión que no Pulp que
conta con obras normalmente lixeiras e bastante mal escritas. As miñas novelas
tenden ás denominadas “psychobilly” con acción constante e dándolle unha volta
aos heroes clásicos da literatura e da banda deseñada.
—Comentou nalgunha
ocasión que a súa primeira lectura foi unha obra de Neira Vilas. Que está lendo
na actualidade?
Agora mesmo estou lendo principalmente ensaio. Empecei coas obras de Mark
Fisher e seguín con June Fernández. Neste último caso interesoume o tratamento
do feminismo desde distintas perspectivas, na liña do que eu estaba facendo.
Tamén achegueime a Jean Baudillard. Son a influencia que teño agora mesmo
principalmente na miña poesía. Iso si, fago é unha revisión propia e moi
persoal dos seus textos.
—E que
temáticas ten agora mesmo na cabeza que poderían rematar nun libro?
Hai dúas que me viñeron obsesionando nos últimos meses. Por unha parte o desexo
visto desde o punto de vista do filósofo francés Deleuze de como inflúe na nosa
forma de actuar, na nosa actitude vital, e como mesmo pode acabar actuando en
contra dos nosos propios intereses individuais ou incluso como sociedade. E
despois, por outra parte, está o tema do silencio desde o punto de vista de Foucault.
De como o silencio responde aos intereses do poder. Ademais, reflexiono sobre o
tema do simulacro, de Baudillard. Ese outro eu virtual, ese “matrix” no que estamos inmersos por crear un ser
virtual que, en teoría, chega a representarnos.
—Parte da súa
temática dedicouna á denuncia ecolóxica, como no caso do Prestige ou da Mina de
Corcoesto, e tamén contra a violencia de xénero. O escritor non debe deixar de
posicionarse de maneira pública a través da súa obra?
Eu a min mesmo tampouco me vexo tanto como un simple autor. Son unha persoa
política, loxicamente como todas as persoas. Aínda que hai persoas que renegan
desa faceta política que todos e todas temos por pertencer a unha sociedade e
véxome influenciado por ela. Non tomar posición tamén sería posicionarse. Hai certas cousas ás que non
podo nin desexo renunciar. Por exemplo, a
participar nesta sociedade tentando mellorala dentro das miñas posibilidades.
Como esa teoría da gota de aceite, de ir vendo como individualmente podemos
acabar sendo un colectivo, digamos, implicado. Non quero renunciar a ser unha
persoa política porque son unha persoa que pertence a un colectivo.
—Ademais, a
súa obra aparece en, polo menos, 36 obras colectivas. Cre que compartir espazo
literario enriquece?
O eu non existe, si existe en tanto que formamos
parte dun colectivo que existe, do que formamos parte e co que temos que
entendernos. Centrarnos no eu, para min, é un problema. Todos os proxectos
colectivos, sexan libros ou non, permiten distanciarse un pouco dese eu, dese
egocentrismo. A min isto paréceme imprescindíbel.
—Falando de
colectivos. Participou en varios grupos poéticos (A porta verde do sétimo
andar, Redes Escarlata...). Que función cumpriron no seu momento e que función
cumpren os que viñeron despois?
Para min foron unha porta como autor e para dar a coñecer a miña obra. Ademais,
déronme a oportunidade de chegar a lugares que doutra maneira non chegaría, de
coñecer a persoas que, probabelmente, non coñecería. Tamén de ver proxectos e actividades en
bibliotecas, librarías, asociacións veciñais, de mulleres... Esas experiencias
foron para min moi importantes e determinantes para entender a miña posición
dentro do panorama literario. Ademais, coñecín xente que, voluntariamente e de
forma desinteresada, está traballando en moitos proxectos a nivel local. Agora, no panorama actual dos grupos poéticos e literarios
vexo unha tendencia cada vez máis individualista. A xente búscase a vida máis que pensar
en participar en colectivos. É algo lexítimo mais niso vexo certo retroceso.
Con todo, a aparición e desaparición de colectivos literarios foi algo sempre
cíclico. Nos 80 había varios que despois desapareceron mais xurdiron outros.
Por iso, na situación actual non se pode asegurar que aparezan outros.
—En 2012 botou a andar a editora O Figurante
Edicións e agora aposta pola autoedición para sacar a luz a súa obra. Cal é a razón desta decisión?
Daquela,
comecei a estudar outras vías e atopei a autoedición. A través dunha plataforma
que simplifica todos os procesos, desde a edición até a maquetación. Despois
está o apartado da venda e a distribución que se realiza a través de impresión
baixo demanda. Desta maneira vendes en todo o mundo e non tes un stock, que é
un dos grandes problemas das editoras sobre todo cando publicas un gran número
de exemplares.
Alén diso, a partir deste sistema tamén contactei con persoas e
contactaron comigo moi interesadas no que escribo. Descubrín, dalgunha forma,
que hai outras escritoras e escritores que están facendo obras semellantes ás
que eu estaba facendo aquí. Nin eu tiña coñecemento da súa actividade nin a
miña estaba entre as súa lecturas.
Recuperando 'A seiva calcinada'
Este ano, Alberte Momán reeditou, a través de autoedición, A seiva
calcinada (Lastura, 2014) co texto orixinal traducido ao italiano e ao
castelán. A iniciativa partiu do propio autor cando se interesou pola
posibilidade de contar cunha segunda edición. “A primeira estaba esgotada e xa
me dixeron que non contaban con poder sacar outra”, explica a Nós Diario o
escritor ferrolán. Momán foi consciente da imposibilidade de "sacar á rúa
100 ou 200 exemplares mais si que era posíbel facelo no formato a
demanda".
Na obra aparecen temas que continúan de actualidade como o de ser
emigrante sen papeis ou a situación da lingua galega. Os poemas, ademais, están
a disposición das lectoras e dos lectores de forma libre e gratuíta a través da
súa páxina web. “Eu nunca vin isto como un negocio, gústame crear e que a xente
teña a posibilidade de ler a miña obra”, recoñece Momán. Por este motivo,
admite que é partidario, neste momento, "de que todo o mundo teña acceso á
cultura, que non deixe de poder facelo por cuestións económicas".
[Foto: Magoi - fonte: www.nosdiario.gal]

Sem comentários:
Enviar um comentário