O Centro Social A Pedreira recorrera a súa exclusión dun programa de subvencións da Deputación de Pontevedra.
A Deputación de Pontevedra excluíra o centro social das axudas do
programa 'Culturea' por "usar e defender sistematicamente a norma
reintegracionista da lingua galega", destacaron desde o colectivo. A
Pedreira denunciou desde o principio que a decisión non tiña carácter
"técnico nin administrativo", senón que se trataba dunha cuestión
"política" excluír esta normativa do galego.
Durante o procedemento xudicial interviu como especialista Elias Torres, catedrático da
área de filoloxía galega e portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela
(USC), quen defendeu a "plena lexitimidade académica e social" da
norma reintegracionista, que agora a Xustiza recoñece en igualdade coa norma do
ILG-RAG para concorrer a este tipo de subvencións.
O Centro Social A Pedreira celebra esta sentenza como "unha
vitoria para a lingua galega e para a cultura de base" e reivindica a
denuncia pública como a "ferramenta central para non nos condenaren a ser
estranxeiros na propia Terra, e para abrir espazos ao galego e á súa visión
internacional".
[Foto: Wikimedia Commons - fonte: www.nosdiario.gal]

Sem comentários:
Enviar um comentário