O Museo Provincial de Lugo analizará, na xornada A arte do exilio galego no Museo Provincial de Lugo, a influencia da diáspora na produción creativa dos artistas expulsados polo golpe militar do 36.
Aurelia Balseiro e Iria Castro, deputada de Cultura da Deputación de LugoO Museo Provincial de Lugo acollerá o 14 de decembro a xornada A arte do exilio galego, que ten como obxectivo divulgar esta parte da nosa historia lembrando as e os artistas expulsadas polo golpe militar do 36 e a ditadura franquista e analizando a influencia da diáspora na súa produción creativa, a través dos fondos do museo provincial que conta con nas súas coleccións de belas artes con 140 obras de artistas relacionados co exilio.
Na presentación da xornada, a deputada de Cultura Iria Castro e a directora do Museo Provincial de Lugo explicaron que “a lembranza do exilio artístico galego é un compromiso asumido e un deber para que as xeracións que non o coñeceron constaten a perda e o sufrimento que provocou no pasado século” e valoraron “a contribución do diálogo interdisciplinar para rescatar a memoria e enriquecer a investigación”.
Sem comentários:
Enviar um comentário