sábado, 3 de agosto de 2019

Un cartel informativo do HULA emprega unha vintena de idiomas, pero non o galego

O letreiro roga silencio en castelán (dúas veces), en alemán, chinés, árabe, catalán, euskera, francés..., pero non hai rastro da lingua de noso. A situación fíxose pública nas redes sociais, onde unha paciente compartiu a súa indignación tras unha visita ao hospital.

O cartel do HULA no que se roga silencio nunha morea de idiomas, pero non en galego.
No Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), un cartel multilingüe roga silencio nunha chea de idiomas, pero ignora o galego. A situación está a ser duramente criticada nas redes, logo de que unha paciente compartira no Facebook unha foto do letreiro a modo de denuncia pública.

O cartel aparece encabezado cunha frase en castelán: “Se ruega guarden silencio”. Séguena traducións ao inglés, alemán, euskera, catalán, irlandés, sueco ou árabe, entre outras. Para pechar o cartel, repiten a orde en castelán. Nin rastro do galego.

“A ausencia total de dito cartel na outra lingua cooficial de Galicia e a repetición da mensaxe en castelán, ao comezo e ao final da mensaxe, non pode ser máis que intencionada, negar a lingua histórica de Galicia. Así o denunciaba Ánxela Gracián, escritora e tradutora de Castroverde, de cuxo perfil de Facebook partiu a publicación viral no día de onte, 31 de xullo. Deseguido, as redes enchéronse de mensaxes de indignación ao ver como un hospital público galego ignora a lingua de noso dunha forma tan evidente. 

Tamén A Mesa pola Normalización Lingüística se fixo eco desta situación. “O SERGAS pertence á Xunta, que -máis unha vez- non só abdica da súa responsabilidade de protexer a nosa lingua, senón que é precisamente quen máis vulnera os nosos dereitos, reprobaron ao respecto.

Anxela Gracian
na quarta-feira
Este é o país que temos, flipo, alucino, non dou certo, non pode ser certo! Estou vendo no HULA, Hospital Universatario Lucus Augusto, un cartel multilingüe no que se lles pide aos doentes que "garden silencio, por favor." E como è ese cartel? Pois cun encabezado e finalizado "GUARDEN SILENCIO", en castelán, por suposto e logo en cando menos dez linguas coa dita mensaxe anterior. A ausencia total do dito cartel na outra lingua cooficial de Galicia, e a repetición da mensaxe...
Ver mais
Nenhuma descrição de foto disponível.
Nenhuma descrição de foto disponível.
55
48
61



























[Fonte: www.lugoxornal.gal]

 

Sem comentários:

Enviar um comentário