Isac Nunes da Luz Cordeiro
***
Tradutor Público e
Intérprete do Comércio
***
Idiomas: francês, espanhol, catalão e galego ***
Matriculado na Junta Comercial do Estado do Paraná
*** Curitiba ***
República Federativa do Brasil
Baiona inaugura unha exposición das fotografías coas que Ruth Matilda Anderson retratou Galicia
Nenas na lareira / Ruth Matilda Anderson
ABANCA, Afundación e o Concello de Baiona asinarán este mércores 6 de xuño, ás 12:00 h na Casa do Concello de Baiona,un convenio de colaboración cultural polo cal as tres entidades desenvolverán a exposición«Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia».
Asisten á sinatura o alcalde do Concello de Baiona, Ángel Manuel Rodal, o director da oficina ABANCA de Baiona, Francisco Javier Rodríguez; e a coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación, Paloma Vela.
Os fondos que articulan esta mostra proceden da prestixiosa institución neoiorquina The Hispanic Society of America, que atesoura acolección de arte hispana máis importante alén do territorio español.
Fotografía de Ruth Matilda Anderson / Lalamentable.orgAs imaxes seleccionadas pertencen aorelato documental que Ruth Matilda Anderson elaborou durante a súa viaxe de investigación en Galicia entre os anos 1924 e 1926, a instancias do fundador de The Hispanic Society of America, o filántropo e hispanista Archer Milton Huntington.A devandita exposición, de entrada libre e gratuíta, poderase visitar na Capitanía Marítima de Baiona (Elduayen, 20)do 15 de xuño ao 15 de xullode luns a domingo en horario de 19:00 a 22:00 h. Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente Cultural», que considera a arte como “un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo”, subliñan dende a organización. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, “impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando a oferta artística alén das súas sedes e trasladándoa ás vilas galegas para desenvolver tamén nelas as actividades da entidade”.
Sem comentários:
Enviar um comentário