A Mesa pola Normalización Lingüística convoca a concentrarse o vindeiro mércores, 7 de outubro, diante do Parlamento de Galiza contra “o intento de eliminar os acordos sociais en relación á lingua” por parte do actual goberno da Xunta.
Maceira recorda que a Xunta anuncia a
aprobación do seu Plan da lingua, documento sen valor xurídico e sen
posibilidade de emenda no Parlamento, unha semana despois do rexistro da
Iniciativa Lexislativa Popular Lingua Vital por parte da plataforma Queremos
Galego. “Esa ILP é a única proposta con accións efectivas comprometen e obrigan
á Xunta e aos poderes públicos”, afirma Maceira. Tamén lamenta que o PP actúa “como se
a Xunta non tivese capacidade de mudar as normas que exclúen o galego ou como se
non fose, directamente, a responsable da súa creación e aprobación”. “Aluden a
fomentar o galego dentro dun marco normativo creado por eles mesmos no que o
galego nin se nomea”, remata.
[Fonte: www.amesa.gal]

Sem comentários:
Enviar um comentário