segunda-feira, 20 de julho de 2026

O alcalde de Nova York valora arrestar Netanyahu se viaxa en setembro á ONU

Mamdani considera que o primeiro ministro de Israel é "un criminal de guerra" e examina xa as opcións legais para a súa detención.

O alcalde de Nova York, Zohran Mamdani 

Escrito por Antón Escuredo 

O alcalde de Nova York, o socialdemócrata Zohran Mamdani, contempla abertamente a posibilidade de deter o primeiro ministro de Israel, Benjamin Netanyahu, durante a visita que ten programada en setembro á Asemblea Xeral da ONU na metrópoles estadounidense por considerar que o mandatario israelí é un criminal de guerra polo que "o seu lugar" é o banco do acusados Tribunal Penal Internacional (TPI). 

Sobre Netanyahu pesa unha orde de arresto do TPI por crimes de guerra e contra a humanidade ao ordenar a ofensiva do exército israelí contra a Faixa de Gaza. O problema reside en que Estados Unidos non forma parte da corte nin recoñece a validez das súas decisións. 

Porén, organizacións non gobernamentais propalestinas, como a Fundación Hind Rajab, afirman que Estados Unidos incorporou parcialmente os delitos tipificados no Estatuto de Roma, fundamento da corte internacional, nas súas leis nacionais e forma parte do Cuarto Convenio de Xenebra, que estabelece que os Estados Parte "terán a obrigación de buscar ás persoas presuntamente responsábeis de cometer, ou de ordenar cometer, tales infraccións graves, e deberán levar ás devanditas persoas, independentemente da súa nacionalidade, ante os seus propios tribunais". 

Nunha entrevista co New York Times, Mamdani esgrimiu a título privado que o primeiro ministro israelí "é un criminal de guerra, imputado polo Tribunal Penal Internacional, e o seu lugar é A Haia" porque "é o resultado das súas accións durante estes anos". O alcalde engadiu que ten intención de facer todo o que "lle permita a lei da cidade de Nova York" e a posibilidade de deter a Netanyahu "está a ser discutida" polos seus asesores legais. 

 

(Foto: Europa Press / Contacto / Samantha Cotler - fonte: www.nosdiario.gal]

Sem comentários:

Enviar um comentário