Luis Caparrós Esperante (A Coruña, 1952) presenta A chuvia sobre o mar (Laiovento), unha novela onde tres personaxes en conflito buscan fuxir dunha realidade que o abrangue todo. A obra sitúa a persoa lectora nunha hipotética Costa da Morte en 1936 onde o reloxo semella non moverse e o mar e a choiva observan impasíbeis.

O escritor Luis Caparrós Esperante
Escrito por Sergio Casal
—Como
afecta á trama o illamento xeográfico nun ano como 1936?
A idea da novela é situar tres personaxes nun
espazo illado nunha hipotética Costa da Morte. Buscan fuxir da cidade, dos
conflitos e da súa vida cotiá. O feito de estar en 1936 latexa por debaixo e,
nun determinado momento, explota. Os personaxes atópanse nunha situación
crítica e demóstrase que o illamento e a neutralidade son imposíbeis. Eles son
moi diferentes entre si: un que mira para atrás, o vello Nicolás; outra que
mira para diante, Luscinda; e outro que mira para o presente, o pragmático Amaro.
—Como se relaciona a novela co momento presente?
Esta cuestión é unha das que me fixo retomar a novela, cuxa escritura xa viña
de antes. Vivimos un novo ascenso paulatino do fascismo que, en principio,
parece non tocarnos. A situación non é moi diferente á que podía suceder nos
anos 30 do século pasado. Había unha dinámica funcionando mentres moita xente
miraba para outro lado. Isto aparece na novela de xeito claro, aínda que non é
unha novela de guerra, unha crónica ou unha novela coral. É unha obra onde a situación
externa tradúcese a través da conciencia dos personaxes. Esa conciencia é
axitada porque o mundo illado ideal e romántico é imposíbel e hai que tomar
posición. Hai que plantarse ante o que está sucedendo. Isto é moi semellante ao
que está pasando agora.
—Esa é a idea de “neutralidade imposíbel” que atravesa o
libro?
—É a natureza indiferente ás nosas traxedias? Que
simboliza exactamente esa chuvia sobre o mar?
Aquí hai unha certa base romántica. Eu traballei sobre o romanticismo como
mestre e iso está aí. Os personaxes están vivindo nun mundo illado pero que
está rodeado polo mar, que está moi presente. A medida que transcorre a acción
e vai tomando un ton tráxico, a chuvia tamén comeza a medrar e ese compoñente
acuático do mar e a chuvia tende a ser unha forza telúrica que os arrastra.
Como un personaxe máis que está pero é indiferente ao que lles pasa aos seres
humanos.
—Que preguntas lle gustaría abrir na persoa lectora ao
rematar a novela?
[Foto: www.nosdiario.gal]
Sem comentários:
Enviar um comentário