![]() |
Imaxe do académico e escritor Xosé Luís Franco Grande (1936-2020)
G.N.
A Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo, a través da coordinación de normalización e política lingüística, convoca a quinta edición do premio de investigación xurídica realizada en galego Xosé Luís Franco Grande.
Dentro do marco normativo institucional que protexe a lingua mediante a Constitución do Estado, o Estatuto de Autonomía, así como da lei de normalización e dos estatutos da universidade, creouse este concurso nomeado, por votación popular, na honra de Xosé Luís Franco Grande.
Os traballos deberán ser orixinais e estar redactados en lingua galega, e poderán tratar de calquera tema do ámbito do xurídico nas súas diferentes formas. A súa extensión deberá abranguer entre as 20 e 40 páxinas. O prazo de presentación dos textos finalizará o vindeiro día 25 de abril.
Poderá concorrer calquera persoa que estivese matriculada entre os anos 2022 e 2025 nunha titulación de calquera das universidades do Estado. E haberá dúas modalidades: para o estudantado de calquera grao ou mestrado matriculado no sistema universitario do Estado; e para o estudantado da Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo, nos graos en Dereito, PCEO ADE-Dereito e Relacións Laborais e Recursos Humanos, e nos mestrados en Avogacía; Menores en Situación de Desprotección e Conflito, e Dirección e Xestión Laboral.
Os premios estarán dotados con 500 euros para ambas as categorías
[Imaxe: MARCOS MÍGUEZ - fonte: www.lavozdegalicia.es]

Sem comentários:
Enviar um comentário