quarta-feira, 4 de fevereiro de 2026

Ao fondo á extrema dereita

 


Escrito por Laureano López

Aínda que tradicionalmente foron a extrema dereita e a extrema esquerda as responsables de que a xente se fixese pis amais, e non precisamente do riso, esta imaxe de Marine Le Pen tomada nos xulgados de París conta que se pode estar á dereita da dereita e ter incontinencia de vexiga. É certo que a foto non aclara se a eterna candidata ultras diríxese á saída do xulgado ou aos aseos, ou que está admirada pola beleza que para ela e os da súa ideoloxía teñen as palabras Sortie e Exit, ou sexa, SaídaFóraÁ rúa. É igual. A cousa é que a Fiscalía pide que madame Le Pen sexa inelixible para cargos públicos durante cinco anos. É unha faena, porque para unha vez que tiña opcións de desgobernar Francia vai a Xustiza e quere apartala por malversación. Seguramente non esteamos aquí ante a extremaunción da extrema dereita, aínda que non estaría de máis pescudar se o mon ami Santi Abascal anda nestes momentos pondo a súa húngara barba a remollar.


[Imaxe: YOAN VALAT | EFE - fonte: www.lavozdegalicia.es]

Sem comentários:

Enviar um comentário