A Cámara lusa considera que "non procede".
A Asemblea da República de Portugal (Parlamento) rexeitou esta sexta feira varias propostas presentadas polas organizacións da esquerda que pedían ao Goberno portugués que recoñecese o Estado de Palestina. O Parlamento, así, rexeitou as propostas presentadas polo Partido Socialista (PS), o Partido Comunista Portugués (PCP), o Bloco de Esquerda (BE), o ecoloxista Livre e o animalista PAN.
Mais a iniciativa do ultradereitista Chega, segunda forza na Cámara, que pedía que o Executivo non procedese "de momento " ao recoñecemento de Palestina como Estado soberano, si que saíu adiante co apoio do gobernante Partido Social Demócrata (PSD), do primeiro ministro Luis Montenegro.
800 asasinadas
Por outra parte, a ONU denunciou esta sexta feira que case 800 persoas foron asasinadas desde maio mentres tentaban recibir axuda humanitaria en Gaza. 615 persoas faleceron preto dos centros de repartición de comida xestionados pola organización privada estadounidense, Fundación Humanitaria de Gaza.
Ademais, esta sexta houbo un mínimo de 10 vítimas nun bombardeo israelí contra unha escola que albergaba desprazados no norte da faixa. No sur, un sanitario da Media Lúa Vermella palestina resultou ferido por disparos do exército israelí.
[Imaxe: PSD - fonte: www.nosdiario.gal]
Sem comentários:
Enviar um comentário