quarta-feira, 4 de setembro de 2024

Dous avogados presentan unha reclamación ante o INSS por negarlles atención en galego

A Mesa pola Normalización subliña que a maioría das consultas recibidas pola Liña do Galego "teñen que ver con situacións onde inicialmente se nega ás persoas usuarias de servizos públicos e privados a posibilidade de usar e recibir atención en galego"

 

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, e a deputada de Lingua da Deputación da Coruña, Soidade Agra, presentaron este venres o Informe anual dá Liña do Galego, correspondente a 2023.

A Mesa pola Normalización Lingüística trasladou o seu apoio a dous avogados galegos que reclaman ao Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) 50.000 euros "por negarlles atención en galego", informa.

A entidade subliña que a maioría das consultas recibidas pola Liña do Galego "teñen que ver con situacións onde inicialmente se nega ás persoas usuarias de servizos públicos e privados a posibilidade de usar e recibir atención en galego".

En concreto, confirma o rexistro dunha reclamación por parte de dous avogados de Lugo "polo incumprimento da recente Lei Integral de Igualdade de Tratamento e non Discriminación, que protexe á cidadanía tamén contra a discriminación por razón de lingua".

"A reclamación, que está pendente de estudo, pode supor para o organismo unha multa de ata 50.000 euros por condutas discriminatorias graves como as describen Miguel Vieito e Cristina Fernández, aos que unha funcionaria da Delegación Provincial do INSS negoulles a resolución dunha consulta, en varias ocasións, por non falar en español", sostén A Mesa.

A entidade apunta tamén a denuncias deste tipo nos seus informes anuais de Liña do Galego, un servizo gratuíto ofrecido para a tramitación de queixas cara ás instituiones ou empresas. "A chantaxe linguística para forzar aos usuarios e usuarias de servizos a deixar de falar galego está á orde do día", sostén o presidente da Mesa, Marcos Maceira.

 

[Imaxe: MESA POLA NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA - fonte: www.galiciaconfidencial.com]

 

Sem comentários:

Enviar um comentário