sexta-feira, 27 de janeiro de 2023

O Museo de Pontevedra "devolve" a Polonia dúas obras espoliadas polos nazis

Elzbieta Rogowska, directora do departamento de Bens Culturais do Ministerio de Cultura e Patrimonio Nacional da República de Polonia, expresou "de corazón" o agradecemento ao museo e á Deputación de Pontevedra pola rapidez e facilidades dadas para a restitución das obras.

 
                                        Acto de devolución das obras a Polonia no Museo de Pontevedra esta cuarta feira.

O Museo de Pontevedra restituíu esta cuarta feira o díptico da ‘Dolorosa’ e o ‘Ecce Homo’ espoliado a Polonia polos nazis. Así, o vicepresidente da Deputación de Pontevedra e responsábel do museo, César Mosqueira, asinou a acta oficial e fixo entrega gratuíta destes cadros ás persoas representantes do Goberno polaco, "o seu lexítimo propietario", culminando así unha devolución que pretende ser "modélica".

A continuación, uns técnicos especialistas descolgaron os cadros que até agora formaban parte dunha instalación efémera habilitada polo Museo de Pontevedra.

Sem comentários:

Enviar um comentário