terça-feira, 25 de outubro de 2022

A única opción de casar en galego que admite o rexistro civil de Vigo é con interpretación simultánea

A maxistrada do Rexistro Civil de Vigo responde a unha parella que solicita que a súa voda se oficie en galego que “o legalmente admitido en dereito” é que o enlace se celebre en castelán, con interpretación simultánea á nosa lingua.

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia a “estranxeirización” da lingua propia de Galiza por parte das administracións públicas. “Unha vez máis”, recorda a vicepresidenta da Mesa Elsa Quintas, “a cidadanía galega ve vulnerados os seus dereitos lingüísticos por parte das entidades que están chamadas a defendelos, sendo forzada a elixir entre a súa lingua e a celebración dunha voda civil normal, como a de calquera cidadá española castelán falante”.

Liña do galego é un servizo gratuíto ofrecido pola Mesa pola Normalización Lingüística dirixido a toda a poboación que tramita queixas cara ás institucións, empresas, etc, que vulneran os dereitos lingüísticos; así como parabéns para quen dea pasos cara a garantia do dereito a vivir en galego.

 

[Fonte: www.amesa.gal]

Sem comentários:

Enviar um comentário