![]() |
Monumento en homenaxe aos mortos nas protestas laborais de Ferrol en 1972 |
Escrito por XESÚS ALONSO MONTERO
Este terrorista vive, cumpriu 80 anos, chámase Rafael Pillado, reside en Ferrol coa familia e é un dos cidadáns máis respectados e admirados de Galicia polo seu comportamento antes e despois do 10 de marzo de 1972, a data na que a policía franquista resolveu un conflito laboral metrallando unha manifestación de miles de obreiros ferroláns co resultado de dous mortos, algún ferido moi grave e un cento de feridos de diversa consideración. No mapa español da represión franquista nunca acontecera unha resposta policial destas características.
Trátase dun volume colectivo no que se ofrece moita documentación obrante nos arquivos do Tribunal de Orden Público, e é neste capítulo onde lemos a última declaración xudicial de Rafael Pillado: «Soy cargo sindical desde 1966. Me entrevisté con personalidades del Gobierno... Intenté defender los intereses de los trabajadores [...]. Si todo esto implica que soy un terrorista, creo que lo seré toda mi vida». Neste intre, o presidente, o maxistrado Mateu Cánoves, retiroulle a palabra («Basta. Esto está de más»).
Paga a pena ler as declaracións de Manuel Amor Deus, José María Rioboo, Sari Alabau, José Manuel Torregrosa, Mela la Carbonera, Rafael Bárez, José Loureiro Lugrís..., todos eles de Comisións Obreiras, daquela en plena sintonía co PC, o intelectual orgánico da histórica acción do 10 de marzo de 1972.
[Imaxe: CESAR TOIMIL - fonte: www.lavozdegalicia.es]
Sem comentários:
Enviar um comentário