terça-feira, 7 de dezembro de 2021

O BNG denuncia en Bruxelas "ataques á lingua galega" por parte da Xunta

 Ana Miranda fala de "política de destrución e minorización do Goberno de Feijóo".

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, durante a súa intervención na mesa redonda da Fundación europea Coppieters e a Fundación Iratzar sobre como promover as linguas desprotexidas de Europa
A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, durante a súa intervención na mesa redonda da Fundación europea Coppieters e a Fundación Iratzar sobre como promover as linguas desprotexidas de Europa.

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, defendeu este martes en Bruxelas a protección da comunidade lingüística galega "fronte á política de destrución e minorización do Goberno de Feijóo".

Miranda referiuse así á política lingüística da Xunta durante a súa intervención na mesa redonda da Fundación europea Coppieters e a Fundación Iratzar sobre como promover as linguas desprotexidas de Europa.

A portavoz do Bloque en Europa lembrou que o Consello Europeo xa advertiu en varias ocasións sobre as dificultades de utilizar o galego en ámbitos como a xustiza, a administración e a educación.

Sobre a educación, Miranda asegurou que o decreto que regula o idioma no ensino fai "imposible" que os menores de Galicia poidan desenvolver as etapas educativas na lingua propia.

Ademais, a portavoz dos nacionalistas esixiu maior investimento para o galego e o resto de comunidades lingüísticas en Europa nos contidos dos medios e o sector audiovisual nestas linguas.

Imaxe: Delmi Álvarez - fonte: www.galiciaconfidencial.com]

 

Sem comentários:

Enviar um comentário