O Apalpador entregou na delegación do goberno español na Coruña as 10.000 sinaturas recollidas pola Mesa pola Normalización Lingüística a prol da igualdade para a dobraxe e a lexendaxe en galego na nova Lei Xeral de Comunicación Audiovisual, dentro da Iniciativa Netflix en galego: queremos todo o audiovisual na nosa lingua.

Escrito por JOSÉ ANTONIO SIERRA
"O Apalpador quere agasallar audiovisual en galego", explicou o presidente da Mesa, Marcos Maceira, "e, por iso, lle fai entrega ao goberno español destas sinaturas que representan a vontade que ten a poboación galega de vivir en liberdade na súa lingua". "A nova lei audiovisual comezará a se debater en febreiro", explicou Maceira, "e o único que se sabe dela con certeza é o que di o proxecto: nada de financiamento para producións en galego, nada de dobraxe e lexendaxe en todos os filmes e series". "Queremos igualdade para todas as linguas", recordou, "queremos ter opción e liberdade para o galego no audiovisual". "É posíbel un grande avance", asegurou, "mais dependerá do que nos activemos e nos mobilicemos para o conseguir". "Todos os avances para o galego foron conquistas que se acadaron nas rúas", concluíu Maceira esta mañá na Coruña, "estaremos nas rúas se é preciso para termos galego no audiovisual".
Sem comentários:
Enviar um comentário