"Din os sonos i os paxaros. A morte non é certo" é o escrito utilizado nunha camisa e nun gorro do xigante Inditex.
Camisa de Zara que contén un poema de Uxío Novoneyra.
"Din os sonos i os paxaros. A morte non é certo!". É o poema de Uxía Novoneyra escrito en 1959 que forma parte do estampado dunha camisa e dun gorro que distribúe a marca Zara, do xigante Inditex.
Con todo, e segundo informan a Galicia Confidencial, o modista italiano autor desta prenda non sabía que se trataba dun poema de Novoneyra. "Pensou que se trataba dun caligrama futurista, gustoulle para o estampado dunha camisa e dun gorro que deseñara e decidiu utilizalo", contan. A camisa custa 19,95, mentres que o gorro está a 12.95.
Este poema foi incluído no libro "Os poemas caligráficos" que foron publicados en 1979 nunha edición prologada e ilustrada por Reimundo Patiño, con textos vinculados a unha vangarda pictórica organizada arredor do grupo Brais Pinto.
Sem comentários:
Enviar um comentário