sexta-feira, 13 de setembro de 2019

Morre aos 82 anos Mardik Martin, guionista de «Toro Salvaxe» e «Malas rúas»


Colaborador de Scorsese, «ninguén será capaz nunca de estar neses zapatos», eloxiou como despedida Howard A. Rodman, ex presidente do Sindicato de Guionistas de EE.UU.



À direita, Scorsese charla con Robert de Niro (Jake LaMotta) durante a rodaxe da película «Toro Salvaxe» 


O guionista Mardik Martin, colaborador habitual de Martin Scorsese e responsable de guións de filmes como Malas rúas e Toro salvaxe, morreu este mércores en Los Ángeles aos 82 anos.
Así o confirmou Howard A. Rodman, antigo presidente do Sindicato de Guionistas de Estados Unidos, cun chío: «Dicir que Mardik era único na súa especie é unha forma salvaxe de infravalorarlo. Ninguén será capaz nunca de estar neses zapatos», lamentou Rodman na publicación.
Nacido en Irán no seo dunha familia armenia e criado en Iraq, Martin traballou durante a súa adolescencia para unha distribuidora cinematográfica. Mudouse a Estados Unidos para estudar economía na Universidade de Nova York, e terminou desempeñando tarefas no departamento de cine, onde coñecería en 1961 a Martin Scorsese, dando comezo a unha frutífera relación.

Xunto a Scorsese desde os seus inicios
Pouco despois, empezou a traballar co director neoiorquino nos seus primeiros proxectos, como o curto de 1964 It's not just you, Murray!, ou ¿Quen chama á miña porta?, o debut do realizador na longametraxe, ou no seu documental Italoamericano.
En 1973, Martin co-escribiu Malas rúas xunto ao propio Scorsese, e, máis tarde, New York, New York xunto a Earl Mac Rauch. Unha vez establecido en Hollywood, Marton traballou para Chartoff-Winkler Productions, onde escribiu o guión de Valentino , de Ken Russell.
Para O último vals, o documental de Scorsese de 1978 sobre os últimos concertos de The Band, Martin escribiu o tratamento da película, como xa ocorrese con outro documental anterior de Scorsese, American Boy: A Profile of: Steven Prince.

Auxe e caída
Martin pasou máis dun ano documentándose sobre o boxeador Jake LaMotta, o protagonista de Toro salvaxe, para escribir o guión da película. O libreto, que escribiu xunto a Paul Schrader, foi merecedor do nomeamento ao Globo de Ouro.
Ata que se converteu en profesor de escritura na Universidade de Nova York, Martin pasou un período complicado no que foi adicto á cocaína e tivo que deixar traballos como guionista. Ese foi o caso de Atrapado polo seu pasado.
O seu último traballo como guionista foi no Pai, a cinta de Fatih Akin do 2014. A vida de Mardik Martin foi levada á pantalla no documental Mardik: Baghdad to Hollywood, estreado no 2008.

[Fonte: www.lavozdegalicia.es]

Sem comentários:

Enviar um comentário