Vítimas do franquismo no Val do Limia, en imaxes divulgadas polo CMHVL CC-BY-SA CMHVL
Nese punto xuntáronse este sábado, 14 de setembro, familiares das vítimas e outros membros do Comité pola Memoria Histórica do Val do Limia para inaugurar, nun acto de homenaxe, o monólito que lembra os nomes e datas dos asasinatos de ata vinte e cinco persoas. As execucións "que temos documentalmente constatadas", explican, o cal non significa que fosen as únicas.
O monumento, de case 3 metros de altura, é "froito dun longo proceso, aínda inconcluso, de investigación sobre as consecuencias da brutal represión contra o pobo traballador desta comarca" naqueles anos. A lista, "aínda incompleta", é xa "representativa da barbarie cometida contra os sectores máis comprometidos e avanzados", din dende o Comité.
Coa vontade de "contribuír a rescatar do deliberado esquecemento uns episodios que truncaron violentamente o noso pasado máis recente, que seguen condicionando o presente e hipotecando o futuro", a homenaxe deste sábado xuntou memoria, homenaxe e verbas de esperanza.
Versos de Anxo Angueira, Carmen Blanco, Rochi Vnóvoa, Elvira Ribeiro ou Claudio Rodríguez Fer e músicas d'As da Chispa, Carmen Penim, Xosé Constenla ou Mini puxeron "voz, instrumentos e talento". Todos para amosar "solidariedade coas vítimas do fascismo".
Sem comentários:
Enviar um comentário