O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".
Por Xosé Antonio Pena
Naquelas
ocasións en que queremos manifestar que alguén vai montado ou sentado
encol dunha cousa, dun animal ou dunha persoa coas pernas abertas (isto
é, cunha perna para un lado da montura e outra perna para o outro), xa
algunha ca outra vez temos escoitado en galego ese calco, totalmente
alleo á nosa lingua e espurio, de *a horcaxadas.
E iso que o idioma galego dispón de expresións, inda hoxe en día moi empregadas, para fornecer esa mesma significación. Imos con elas:
A horcajadas && A horcajadillas
{= Montado ou sentado alguén encol dalgunha cousa, dun animal ou doutra persoa coas pernas abertas, isto é, cunha perna para un lado e outra para o outro.}
A cachapernas
A # Ás carranchas
A # Ás carranchapernas
Ex.: Ante la pérdida de la cabalgadura, el marqués cruzó el río a horcajadas de su sirviente.
Ante a perda da cabalgadura, o marqués cruzou o río a cachapernas do seu servente ‡ a/ás carranchas do seu servente ‡ a/ás carranchapernas do seu servente.
NOTAS:
1. Convén facer notar que estas expresións poden compartir espazos de uso con locucións do tipo de (reflectíndoas en castelán) a caballo ou a/en hombros, que veremos nos vindeiros artigos, como hiperónimas das mesmas.
2. As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:
- Recolleita propia da oralidade galega.
- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).
- García González, Constantino: Glosario de voces galegas (1985). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
- Martínez Seixo, Ramón Anxo (dir.): Dicionario fraseolóxico galego. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2000.
- Real Academia Galega: Dicionario da Real Academia Galega (versión en liña).
[Imaxe: lfp.es - fonte: www.galiciaconfidencial.com]
Sem comentários:
Enviar um comentário