| cruz celta |
O Museo da Diocese de Bretoña,
no municipio lucense da Pastoriza, está a piques de abrir. E non é un
museo calquera. Será o primeiro museo que fale da comunidade bretona que
se asentou no país entre os séculos V e VI e que fundaron unha das
sedes episcopais máis antigas de Galicia, a Britonensis, predecesora da
actual Diocese de Mondoñedo-Ferrol.
A
sede deste museo estará na planta baixa dun edificio histórico, a Casa
de Galocha, reformada para acoller unha exposición permanente que
abordará a historia deste pobo celta que chegou a Galicia fuxindo dos
anglosaxóns desde a provincia romana de Britania. Fixaron a súa capital
en Bretoña e fundaron un bispado que chegou a ter gran influencia, e que participaba regularmente nos Concilios de Toledo.
Máis tarde, no ano 866, o bispado de Dumio,
en Braga, tivo que abandonar a súa sé por causa da conquista musulmá e
refuxiouse nun lugar chamado Mendunieto. Entre o ano 966 e o 971 os
viquingos destruíron Bretoña e o bispado tivo que trasladarse ao que
despois sería San Martiño de Mondoñedo, lugar ofrecido polo rei Afonso III
para fundar un mosteiro e como sé episcopal dobre (dumiense de Dumio e
britoniense de Bretoña) e cuxo primeiro bispo foi Sabarico.
[Imaxe: usatoday - fonte: www.historiadegalicia.gal]
Sem comentários:
Enviar um comentário