Unha palestra sobre a poesía galega e un concerto de Uxía, entre as actividades do programa da Universidade Estatal
A Universidade estatal de Ceará (Uece), en
Brasil, ten preto de 24.000 alumnos e alumnas. Nela traballan máis de
mil profesores e posúe 10 campus, onde se imparten 78 cursos de grado,
43 de posgraduado, 87 de especialización. Esta Universidade acolle a Semana das letras galegas, coordinadas por un dos seus profesores, Jakson Renner Rodrigues Soares, que coñece ben a Galiza pois viviu aquí varios anos.

As actividades que contempla o programa abranguen desde un concerto de Uxía e Orquestra Sinfónica da UECE até una palestra sobre a poesía galega contemporánea, que imparte Cesáreo Sánchez Iglesias, que o 24 de maio recibe a medalla ‘Alberto Nepomuceno’.
A presentación do libro ‘As bolboretas do Mekong’, de Cesáreo
Sánchez, ou una roda de conversa na defensa da educación pública son
outros dos actos programados, que tamén inclúen obradoiros de canto.
A Alberto Nepomuceno (Fortaleza, 1864-Rio de Janeiro, 1920)
correspóndelle, segundo os historiadores, a paternidade do nacionalismo
na música académica brasileira. Tamén é o nome da medalla de mérito
artístico da Universidade Estadual do Ceará, no Nordeste do Brasil, e
que foi concedida ao poeta Cesáreo Sánchez Iglesias.
[Fonte: www.sermosgaliza.gal]
Sem comentários:
Enviar um comentário