Destacan a "oportunidade" da temática elixida xa que a sociedade actual vive unha serie de situacións e problemas ás que hai que enfrontarse e que teñen que ver co tema da fronteira.
Facultade de Filosofía da USC
O Teatro Principal de Pontevedra acollerá do 22 a 26 de abril a XXXVI Semana Galega de Filosofía que nesta ocasión estará dedicada a 'Filosofía e Fronteira'. A presidenta da aula Castelao, Ana Regueira, presentou este mércores a programación da Semana Galega de Filosofía ao alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, nunha recepción na que tamén estiveron a concelleira de Educación e Cultura, Carme Fouces, e a secretaria da entidade, Montse Trabazo.
Ana Regueira destacou a "oportunidade" da temática elixida, xa que a sociedade actual vive unha serie de situacións e problemas ás que hai que enfrontarse e que teñen que ver co tema da fronteira. "Como vemos a fronteira, en función de que; ten mala prensa se é a fronteira dos capitais, pero boa se falamos de persoas; que define unha fronteira, que identifica...", dixo en relación a cuestións que estarán encima da mesa durante a Semana Galega de Filosofía.
O programa farase público nos próximos días. Con todo este mércores adiantaron o nome de dous dos seus 15 relatores: Buenaventura de Sousa Santos e Ángeles Ramírez. Buenaventura de Sousa Santos, sociólogo e profesor xubilado da Universidade de Coimbra e veterano activista antiglobalización, porá o foco nas fronteiras de Europa e na análise das ausencias.
Ángeles Ramírez, antropóloga social, arabista e profesora da Universidade Autónoma de Madrid, é unha referente no estudo das emigracións chegadas dos países árabes, centrado sobre todo nas mulleres e menores de idade.

O alcalde da cidade do Lérez declarouse "orgulloso" da Semana Galega de Filosofía, un evento que fai de Pontevedra cada ano "un referente internacional do pensamento crítico" e asociado a temáticas de actualidade.
[Fonte: www.galiciaconfidencial.com]
Sem comentários:
Enviar um comentário