![]() |
manuscritos |
Por ÍÑIGO MOUZO RIOBÓ
Láncara, Sanfíns, Miñor, Santradán, Manselle… e así ata 21.000. Este é o número de apelidos galegos que poderían desaparecer nesta xeración xa que contan cun único portador. Así se recolle o libro Antroponimia e lexicografía, dirixido pola filóloga Ana Isabel Boullón e editado polo Instituto da Lingua Galega (ILG) e o Consello da Cultura Galega (CCG).
No estudo recóllese que pola contra o apelido galego con máis usuarios é Rodríguez, con máis de 237.000 usuarios e que todos os apelidos e nomes de Galicia son posteriores á romanización e ningún é posterior a 1870, Este gran estudo antroponímico reflicte tamén que un 17 por cento dos apelidos casteláns que existen hoxe en día en Galicia, non derivan da inmigración castelá chegada a Galicia, senón da castelanización que se produciu no século XVI. A nova recóllea Galicia Confidencial.
[Imaxe: jarmolukCC0 - fonte: www.historiadegalicia.gal]
Sem comentários:
Enviar um comentário