segunda-feira, 23 de julho de 2018

Unha ollada á lingua desde o dereito

O programa de palestras dos Curso de lingua e cultura galegas "Galego sen fronteiras" continuou onte cunha conferencia de Alba Nogueira. A profesora de Dereito Administrativo da Universidade de Santiago de Compostela e académica correspondente achegou unha ollada á lingua desde a perspectiva xurídica e repasou a situación dos idiomas cooficiais en España.
Alba Nogueira durante a conferencia. Ao seu carón, o codirector dos cursos Henrique Monteagudo. 


A experta abordou, entre outros temas, o que significa a cooficialidade dunha lingua, as diferenzas entre o dereito e o deber de sabela ou os distintos sistemas lingüísticos que hai no ensino nas comunidades autónomas con lingua propia.

Máis imaxes da conferencia de Alba Nogueira nesta ligazón.


[Imaxe: RAG - fonte: www.academia.gal]

Sem comentários:

Enviar um comentário