quarta-feira, 20 de junho de 2018

Orgullo de Lorca galego

O máis célebre dos poetas alófonos en galego, Federico García Lorca, coñecerá unha nova edición dos seus poemas en lingua galega. Acompañada de seis estudos obra de investigadores e autoras contemporáneas, os Seis poemas galegos segundo a editorial Chan da Pólvora conmemora dous feitos de xuño fulcrais: a aprobación do Estatuto de Autonomía de 1936 e a loita polos dereitos LGTBI. 

Sentado no medio, o poeta Federico García Lorca, nunha imaxe rexistrada en Betanzos.

É o Día do Orgullo Galego que, desde hai dous anos, celebra a editora dirixida por Antón Lopo. Publicar Seis poemas galegos -orixinais de 1932- con materiais adicionais será a maneira de honrar a data. O filólogo Luís Cochón e o académico Manuel González encárganse do traballo ecdótico, que inclúe “un labor ata agora nunca abordado: recuperar os seis poemas tal e como Lorca os escribiu, previo á edición de 1935 baixo a supervisión de Eduardo Blanco Amor”.

O autor de Xente ao lonxe, que redactara o limiar ao volume de 1935, realizara no seu día algunhas mudanzas nos poemas de Lorca -que ademais corrixira Ernesto Guerra da Cal. Mais gardou os manuscritos, depositados na Biblioteca da Deputación de Ourense. “Estes son os que Luís Cochón e Manuel González utilizaron para fixar a edición de Chan da Pólvora, a primeira onde se recollen os poemas na súa versión orixinal”, indican desde a editora. 
A maiores, seis escritoras achegarán perspectivas sobre os textos de Lorca e arredor de cuestións como “a relación do poeta andaluz con Galiza, a súa homosexualidade, a posición nos sistema literario galego ou a organicidade poética da obra”. Trátase de Xosé Luís Méndez FerrínIsabel Bugallal, Antón LopoArturo CasasSánchez Reboredo e Arcadio López Casanova
Os Seis poemas galegos de Chan da Pólvora presentaranse o vindeiro 28 de xuño na libraría do mesmo nome ca editorial en Santiago de Compostela.

[Fonte: www.sermosgaliza.gal]

Sem comentários:

Enviar um comentário