quarta-feira, 21 de março de 2018

Morreu Emilio Disi, un dos grandes actores arxentinos de orixe galega

O seu verdadeiro nome era Emilio Parada. Os seus pais eran orixinarios da Coruña e Leiro (Ourense) e foi un dos comendiantes máis famosos da Arxentina.
Morreu Emilio Parada, máis coñecido como Emilio Disi, actor galego arxentino

Emilio Disi, nome artístico de Emilio Parada, morreu este martes aos 75 anos nunha clínica do barrio porteño de Belgrano. Foi un dos grandes actores de Arxentina e tivo unha destacada carreira como comediante no cinema e a TV, pero tamén sorprendeu polas súas incursións dramáticas.

Parada era descendente de galegos. Os seus pais eran orixinarios da Coruña e Leiro (Ourense). Foi moi coñecido entre os latinos dos Estados Unidos e o Caribe.  Era irmán do tamén falecido Pepe Parada, o coñecido como “Rey da noite porteña”.
Era moi coñecido grazas ás súas varias aparicións no cinema e a TV durante o últimas catro décadas. O actor naceu o 2 de xaneiro de 1943 no barrio porteño de San Cristóbal e conta a historia que para diferenciarse do seu irmán adoptou o apelido Disi en homenaxe á famosa óptica 'Dei Si' que atopou nunha guía telefónica.
Fanático do Racing de Avellaneda, a Emilio déuselle polo fútbol e mesmo chegou a xogar nas inferiores deste club e tamén de Huracán e San Lorenzo. “En realidade, nacín para ser futbolista, pero aos 15 anos picoume o bichito do teatro, porque Pepe –o irmán-- vivía no Maipo ou no Nacional e eu ía visitalo seguido. E el, que era de revista, díxome 'Si querés ser actor, tenés que estudiar' e iso que era outro galego bruto como eu. Deille bóla e metinme no Conservatorio de Arte Dramática. Nesa época tiñas que ter o secundario feito e, como eran tantas as ganas de estar aí, nun mes rendín todas as equivalencias de cuarto e quinto ano. E entrei aos 16”, recollía o matutino Clarín. 

[Imaxe: Santacruzporelmundo.com - fonte: www.galiciaconfidencial.com]

Sem comentários:

Enviar um comentário