O artista realiza sátiras da sociedade contemporánea a través dos seus debuxos rueiros

Ilustración de Dran, o ´Bansky francés´ Facebook
Dran é un artista rueiro nado en Toulouse en 1979 e, como o famoso Bansky, utiliza a arte para mostrar unha visión crítica da sociedade. Por iso, tamén se lle coñece como o "Bansky francés". Aínda así, Dran ten unha linguaxe artística propio e moi singular difícil de confundir.
O seu traballo, que mestura o humor negro e unha agre mirada sobre os comportamentos sociais, nútrese de técnicas de collage aplicadas á rúa. Dran dá a súa opinión sobre as persoas e o poder e non ten medo de expola publicamente.
O artista confesa que o seu pai quería que traballase na construción como el, pero que se acabou dedicando ao debuxo. "Teño os brazos demasiado débiles como para andar dando marteladas", di o artista urbano e ilustrador.
O "Bansky francés" abarca cuestións relativas á sociedade contemporánea mediante unhas ilustracións que dan moito que pensar.
Dran crítica a cultura moderna, a miúdo abordando temas relacionados coa arte, a creatividade e a liberdade de expresión.
Un dos recursos utilizado frecuentemente co artista, son nenos equipados con lapis de cores. O seu obxectivo é sacar á luz, e con naturalidade, a imaxinación dos máis pequenos mentres cuestiona a represión de tanta creatividade.
Cada unha das súas pezas abarca un tema social diferente, tales como matrimonios errados, a incapacidade das persoas para conectar, a destrución do medio ambiente ou o consumo excesivo.
En definitiva, Dran é un artista rueiro que nos fará reflexionar sobre o mundo no que vivimos, igual ou máis que o 'Bansky británico'.
[Fonte: www.farodevigo.es]
Sem comentários:
Enviar um comentário