A cinta, dirixida polo tamén polaco Mateusz Kudla, está centrada na súa vida e estrearase no 2019
Polanski, durante a gravación da súa película ≪O pianista≫.
O cineasta Roman
Polanski regresou aos lugares de Polonia que marcaron a súa infancia e a súa mocidade, incluído o
antigo gueto de Cracovia, para o documental sobre a súa vida, que dirixe o
tamén polaco Mateusz Kudla.
Segundo informou este mércores a produtora KRK, a estrea do filme está previsto para o 2019. No entanto, non é o primeiro documental sobre a vida do gañador dun Óscar polo pianista: xa no 2012, Laurent Bouzereau filmou Roman Polanski: A Film Memoir.
Polanski, cuxa nai foi asasinada en Auschwitz, fuxiu do gueto de Cracovia e sobreviviu durante a guerra grazas á axuda de campesiños.
O documental tamén retratará a vida do seu amigo, o fotógrafo polaco-estadounidense e sobrevivente do Holocausto Ryszard Horowtiz, que xa participou na Lista de Schindler, de Steven Spielberg.

Desde o ano pasado, Polanski -que tamén posúe a nacionalidade francesa- pode regresar ao seu país de orixe sen preocupacións: a finais de 2016, a Xustiza rexeitou a petición de extradición estadounidense polas acusacións de violación a unha menor que o perseguen desde hai case 40 anos.
[Fonte: www.lavozdegalicia.es]
Sem comentários:
Enviar um comentário