sábado, 4 de abril de 2026

Mohamed Mbougar Sarr: paixón polas palabras, paixón pola literatura

 

Mohamed Mbougar Sarr, premio Goncourt 2021 por «A máis recóndita memoria dúas homes».

Escrito por Ramón Nicolás   

máis recóndita memoria dúas homes foi galardoada co premio Goncourt en 2021 e temos xa a fortuna de poder lelo en lingua galega grazas á brillante tradución de María Alonso Seisdedos no selo allaricense Aira. Velaquí unha das novelas traducidas que máis interese espertou en min nos últimos tempos por diversas razóns. Intentarei sintetizar algunhas delas.  

En primeiro lugar supón, para min, a descuberta dunha voz como é a de Mohamed Mbougar Sarr, a quen cumprirá seguir: narrador natural de Dakar, formado academicamente en París e que xa publicara tres novelas anteriormente.  

A proposta amosa unha inequívoca complexidade estrutural que é, particularmente, moi do meu gusto e que se asenta no emprego de múltiples voces narrativas, monólogos e contos populares e que mesmo incorpora textos de diversa filiación como cartas, recensións, testemuños orais ou diarios. Sarr é quen de ensamblar todo isto con trazos manifestos do xénero policial para nos relatar a esculca que fai Diégane Latyr Faye, un escritor senegalés radicado en París, por volta de Ou labirinto do inhumano: un libro publicado no 1938 e que convertera o seu autor, T. C. Elimane, nunha voz maldita polas acusacións de plaxio de maneira que desapareceu sen deixar rastro ningún, quen sabe se como acto de protesta. 

Elimane exerceu unha sorte de atracción irresistible para Latyr Faye pois será quen o inspire para seguir as súas pegadas que van de Francia a Arxentina e de Ámsterdam ao Senegal na busca, se cadra, de iluminarse máis que de documentarse. Con todo, nestas páxinas latexa, ademais dun canto á vida e á memoria, unha inequívoca reflexión sobre colonialismo, nomeadamente entre Europa e as culturas africanas e, á vez, sobre o que é o canon e o que significa escribir neste contexto.  

A escrita, así pois, revélase como unha obsesión que se cifra entre a alternativa de escribir ou non escribir. Literatura como espazo desde o que construír e que, ao mesmo tempo, demanda moitas renuncias. Un libro, en fin, que nos poboa poderosamente como unha peza singular e pouco común tanto pola súa esixencia como polas múltiples lecturas e interpretacións que encerra.


[Fonte: www.lavozdegalicia.es]

Sem comentários:

Enviar um comentário