Ánxel Huete e Vítor Vaqueiro
Bestiário
Néspera, 116 páxinas, 25 €, 2025
Escrito por Ramón Nicolás
Arestora, velaquí un volume, especialmente
tratado no ámbito da edición polo selo Néspera, no que Vaqueiro, autor por certo tanto dunha célebre e
fantástica Guía da Galiza
máxica, mítica e lendaria como dunha lembrada Mitoloxía de
Galiza, fai unha escolla acaída e representativa destes
seres fantásticos -dos ananos á estadea ou dos demiños ás sereas- percorren o
noso país de Cartelle a Moaña, de Crecente á Limia ou do Pico Sacro a
Castro Caldelas entre outros lugares, sen esquecer a vontade de subliñar os
paralelismos -se os hai- con outros seres en culturas máis ou menos próximas e,
ao mesmo tempo, facelo nunha prosa dominada polo criterio da contención
expresiva para salientar os trazos máis singulares de cada un dos seres aquí
recolleitos sen afastarse nunca da tradición popular: seres fabulosos, abofé
que si, que nunca desaparecen e que volven, unha e outra vez, a aparecer entre
nós para non esquecermos que forman parte dun imaxinario colectivo, nesta
ocasión reinterpretado con fortuna e que, dalgún xeito, persegue tamén
evidenciar a visión dun mundo: o noso mundo.
[Fonte: cadernodacritica.wordpress.com]

Sem comentários:
Enviar um comentário