A artista galega tivo que exiliarse en Arxentina.

Maruxa Mallo no seu estudo en Bos Aires, Arxentina, 1939
O Goberno estatal rendeu esta sexta feira homenaxe e declarou oficialmente vítima da Guerra Civil e da ditadura franquista á pintora galega Maruxa Mallo, xunto con outros artistas como Federico García Lorca, María Moliner ou Luis Buñuel.
O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, e o ministro de Memoria Democrática, Ángel Víctor Torres, entregaron esta sexta feira o diploma de recoñecemento a súa familia, nun acto polo día do recordo e homenaxe ás vítimas do golpe militar, en Madrid.
Ana María González, coñecida como Maruxa Mallo, pintora galega do Surrealismo, é vinculada á Xeración do 27 e ao movemento de vangarda no Estado español. Co estoupido da Guerra en 1936 e o avance do franquismo, viuse obrigada a exiliarse en Arxentina, onde continuou desenvolvendo a súa obra, dando conferencias e deseñando escenografías teatrais. Cando puido volver ao seu país, en 1962, a plástica galega atopou un panorama dominado por unha cultura franquista que apenas lembraba o seu nome. Tendo que agardar anos até que Galiza reivindicou a súa figura.
[Foto: José Ignacio Abeijón - fonte: www.nosdiario.gal]
Sem comentários:
Enviar um comentário