segunda-feira, 17 de julho de 2023

«Obra mestra», de Juan Tallón, premio Rodolfo Walsh da Semana Negra de Xixón

 

O xurado destacou o «traballo literario de primeira magnitude» do escritor ourensán

                   O escritor ourensán Juan Tallón

O escritor Imanol Caneyada alzouse este venres co premio Dashiell Hammett que concede a Semana Negra de Xixón á mellor novela negra escrita en español no 2022 con Litio , unha obra «chea de tenrura e compaixón nun mundo desapiadado», valorou o xurado.

O premio Rodolfo Walsh á mellor obra de non ficción de xénero negro foi para Obra mestra, do ourensán Juan Tallón, que fixo «un traballo literario de primeira magnitude» no que, «cunha fina ironía», pon ao descuberto «algunhas das miserias da arte contemporáneo e traslada unha reflexión de enorme interese sobre o que é hoxe obra de arte e o que non o é».

Ademais, segundo informa Efe, foron distinguidos José Manuel Fajardo co premio Espartaco á mellor novela histórica por Odio Mariano Antolín Rato co premio Celsius á mellor obra de ciencia ficción e fantasía pola sorte suprema, e Nuria Bendicho co premio Memorial Silverio Cañada á mellor primeira novela de xénero negro por Terras mortas.

 

[Imaxe: Santi M. Amil - fonte: www.lavozdegalicia.es]

Sem comentários:

Enviar um comentário