A
obra recolle a necesidade de preservar a toponimia tradicional, a carga
simbólica que adquiren vos nomes dás rúas ou as circunstancias que rodean a elección
de novos topónimos en zonas urbanas
A Real Academia Galega vén de
editar un volume que recolle os estudos dos catorce especialistas que
participaron na cuarta edición da Xornada de Onomástica, celebrada co apoio da
Deputación de Pontevedra. A obra recolle aspectos como a necesidade de
preservar a toponimia tradicional, a carga simbólica que adquiren os nomes das
rúas ao constituírse en parte da paisaxe lingüística ou as circunstancias que
rodean a elección de novos topónimos en zonas urbanas.
Gonzalo Hermo detense
nalgúns nomes medievais de rúas de Santiago de Compostela, o académico
correspondente Gonzalo Navaza profunda na hodonimia de Baiona na documentación
histórica, o historiador Antonio Míguez Macho explica como o réxime franquista
empregou o renomeamento dos espazos públicos como un instrumento máis da
construción da súa «nova España» e os profesores Suso Fernández Acevedo, Pilar
Buela e Carlos Montejano expoñen dúas experiencias pedagóxicas arredor da
hodonimia desenvolvidas en Ribadeo e Valga. Conchi Cochón e Marta Souto mostran
nos seus artigos os procedementos municipais de Pontevedra e Vigo para o
establecemento dos novos nomes ou dos cambios, e dan conta das características
históricas das hodonimias de ambas as cidades; Iván Méndez profunda nesta mesma
realidade na cidade da Coruña; e Marta Negro expón a experiencia da Comisión do
Rueiro de Lalín.
O volume está ao coidado das académicas correspondentes Ana
Isabel Boullón Agrelo e Luz Méndez.
[Imaxe: PENOLCOS - fonte: www.lavozdegalicia.es]

Sem comentários:
Enviar um comentário