sexta-feira, 26 de junho de 2020

Queres coñecer as plantas medicinais presentes nun manuscrito con máis de 1.000 anos?

O manual ilustrado MS Vitellius C III, da colección da British Library, foi dixitalizado e pode ser hoxe lido on-line por calquera persoa. Trátase dun libro ilustrado do século XI do que non se sabe de certo onde foi escrito, -aínda que posiblemente no Christ Church de Canterbury- nin a finalidade exacta, mais que foi conservado na gran biblioteca británica.
 

O libro está enchido de receitas para tratamentos naturais baseados en plantas medicinais que se empregaban para “curar” dende o olor corporal a unha dor de peito. A publicación ten moitos detalles de plantas curativas, moitas delas presentes de xeito natural en Galicia. O libro describe tamén as enfermidades que poden tratar, onde atopar estas plantas e como preparalas.
Este proxecto de dixitalización, comisariado por Alison Hudson, forma parte do gran proxecto para dixitalizar 800 manuscritos. Está organizado coa colaboración da Bibliothèque Nationale de France e o financiamento da Fundação Polonsky. Pode ser consultado neste link.

 
[Imaxes: detalles do manual ilustrado MS Vitellius C III/British Library - fonte: www.historiadegalicia.gal]


Sem comentários:

Enviar um comentário