Cunha nova
tradución, o libro é unha gozosa invitación a coñecer o carácter heterodoxo da
súa literatura
H. J. P.
O nunca ben ponderado legado do editor galego Francisco Porrúa —moi eloxiado
por publicar Cen anos de soidade, de Gabriel García Márquez— segue vivísimo na
persoa inqueda de Enrique Redel, aínda que este
non sexa plenamente consciente.
E é que o fundador de Impedimenta é hoxe o
imprescindible valedor da obra de Stanislaw Lem (outro galego, pero da Galitzia polaca), a quen outrora
trouxo ao español Porrúa no seu selo Minotauro, si, aquel que abriu en 1955 en
Bos Aires o emprendedor emigrante de Corcubión. Redel ocupouse de Lem (Lvov,
1921-Cracovia, 2006) xa desde os seus tempos na editora Funambulista, onde
precisamente publicou este título fundamental na produción do xenio da ciencia
ficción máis sutil que se escribiu no século XX.
Provocación chega agora ao catálogo de Impedimenta —que xa é o dos
lectores de Lem— cunha tradución
nova e como unha gozosa invitación a coñecer o carácter heterodoxo dunha
literatura que excede a pura fantasía para indagar no Holocausto.
Mañá estará
dispoñible na librerías.
[Fonte: www.lavozdegalicia.es]

Sem comentários:
Enviar um comentário