O secretario xeral de Política
Lingüística, Valentín García, asistiu hoxe en Boiro á presentación de
‘Selected Poems / Poemas escollidos’
A tradución foi realizada pola boirense María D. Armental e contou co apoio da Asociación Cultural Barbantia
A tradución foi realizada pola boirense María D. Armental e contou co apoio da Asociación Cultural Barbantia
O prestixioso escritor escocés Douglas Dunn xa se pode ler en galego
traducido pola boirense María D. Armental, que dá ao prelo a tradución
da obra Selected Poems / Poemas escollidos, da man de HFD Editorial e da
Asociación Cultural Barbantia coa colaboración da Consellería de
Cultura e Turismo. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín
García, participou no acto de presentación que acolleu a Casa da Cultura
Ramón Martínez López do Concello de Boiro.
O representante da
Xunta de Galicia, xunto a responsable da tradución, María D. Armental, e
o escritor Maximino Pérez, destacou “a importancia deste libro, que vén
reforzar os vínculos lingüísticos establecendo unha nova ponte para
facer accesible desde a nosa lingua propia un dos autores máis
prolíficos da literatura escocesa”. Felicitou á tradutora e animou á
institución promotora a seguir traducindo ao galego obras senlleiras de
recoñecidos autores contemporáneos en diferentes linguas.
Douglas Dunn (Escocia, 1942)
É
a primeira vez que se traduce ao galego un libro deste prestixioso
escritor escocés, autor dunha prolixa e afamada obra non só poética,
senón tamén contística e teatral. Como poeta, Douglas Dunn deuse a
coñecer con Terry Street, poemario que publica, en 1969, cando só
contaba con 26 anos e se acababa de graduar na Universidade de Hull.
Cinco anos máis tarde, editaría Love or Nothing, polo que sería
galardoado co premio Geoffrey Faber Memorial. Aínda que varios dos seus
poemarios obterían premios importantes (Somerset Maugham Award ou
Hawhornden Prize), o máis celebrado de todos eles será Elegies (1985),
un libro cuxas composicións teñen por motor e inspiración a tráxica
experiencia vivida polo autor como consecuencia da prematura morte da
súa muller por mor dunha grave enfermidade.
A partir de hoxe estará dispoñible en lingua galega unha parcela do rico universo poético de Douglas Dunn grazas ao traballo de tradución realizado pola profesora de lingua inglesa María D. Armental e ao apoio da Asociación Cultural Barbantia, que co acto de presentación de hoxe dá inicio ao seu programa de actividades despois de ter que suspendelo por causa da alerta sanitaria motivada pola covid-19.

[Fonte: www.lingua.gal]
Sem comentários:
Enviar um comentário