Non atravesa o escritor William Somerset Maughan os seus intres de maior popularidade. E, porén, nun tempo foi sen dúbida un dos autores máis célebres e celebrados do mundo. A súa extensa obra, 21 novelas e máis dun cento de relatos, estaba inédita en galego. A editorial Hugin e Munin publica agora a versión galega de A lúa e seis peniques, un dos seus títulos de referencia.
![]() |
O escritor británico William Somerset Maughan |

A lúa e seis peniques publicouse orixinalmente en 1919. Pertence ao período de maior éxito e recoñecemento popular de Somerset Maughan (París, 1874-Niza, 1965), escritor británico por excelencia malia os seus lugares de nacemento e morte. Ao fondo da narración atópase a vida de Paul Gauguin, mais tratada con certo sarcasmo. “A obra é asemade unha sátira dos costumes eduardianos e vitorianos”, sinalan desde Hugin e Munin.
“Hei de confesar que cando comecei a tratar a Charles Strickland en ningún momento entrevín que houbese nel nada extraordinario, por máis que agora raro é que alguén negue a súa grandeza”, comeza unha novela que coñeceu variacións en medios televisivo, teatral, cinematográfico e operístico. E que trata, ao cabo, “a historia do xenio que o sacrifica todo, que renuncia ás posesións materiais e deixa de lado os convencionalismos da existencia para se dedicar á contemplación da beleza”.
[Imaxe: Wikipedia - fonte: www.sermosgaliza.gal]
Sem comentários:
Enviar um comentário