Foi en xaneiro de 1531 que se criou o Reino da Nova Galiza, un reino que nace cara ao mar e que se estende sobre 250.000 km2 nos actuais territorios de Jalisco ...
![]() |
| Mapa de Nova Galiza en 1550 |
Por Xoán Costa
Foi o segundo dos reinos indianos que gozaban de certa autonomía de goberno.
Naceu cando a raíña Isabel de Portugal, esposa de Carlos V e que gobernaba por ausencia do Emperador a que por Real Cédula dada en Ocaña o 25 de xaneiro de 1531, deu orde para que se nomease o territorio conquistado como "Reino de la Nueva Galicia" e se fundase unha cidade co nome de Compostela onde estaría a capital. A cidade, fundada co nome de "Santiago de Galicia de Compostela" forma parte hoxe do estado de Nayarit e ten menos de 20.000 habitantes.
Algúns anos máis tarde a capital pasou a Guadalajara e Compostela quedou en segundo plano.
A conquista de Nova Galiza levou consigo un período de violencia estrema; case toda a poboación indíxena foi eliminada e progresivamente substituída por continxentes externos, non só españois mais tamén mexicanos, tlaxcaltecas, tarascos.
Desde 1821 o reino da nova Galiza xa non existe. México é unha república. Oficialmente fálase, para se referir a aqueles territorios, de “occidente de México”, igual que aquí escoitamos falar cada vez máis de “el noroeste de España”.
O centralismo nunca muda a súa face.
[Fonte: www.sermosgaliza.gal]

Sem comentários:
Enviar um comentário