terça-feira, 1 de outubro de 2019

Erotismo sen contratación

Por Xosé Manuel Sarille
...até que sorriram e acenaram-se de leve...  (Konstantinos Kaváfis)
Que castiguen a violadores con penas menores, como a de abuso, debe denunciarse con firmeza. Ademais cómpre modificar a lei para que esa atenuación non se produza.
Tamén é necesario defender a liberdade absoluta dos adultos para relacionarse sexualmente. A vicepresidenta invade o ámbito particular das cidadás cando declara que se unha muller non di expresamente si, todo o demais é non.
O erotismo flúe por máis canles que o da expresión oral. Segundo Roland Barthes consiste nunha intermitencia, que oscila entre a exhibición e a ocultación. Esa marabilla, esencial e diversa, non pode comprimirse dentro dun contrato gris, nin timbrado nin de palabra. As mulleres deciden segundo o seu gusto. 
Non é non, explícito e implícito, claro está. Pero grazas ás loitas civís, os leguleios, que son axentes do Poder, foron perdendo o dereito de entremeterse no íntimo para establecer normas, como sería a obriga de facer constar que si.
Aínda non saíron pola porta as opresivas imposicións tradicionais e xa pretenden entrar as dun novo puritanismo.


[Fonte: www.praza.gal]

Sem comentários:

Enviar um comentário