O lingüista Xosé Antonio Pena Romay publica unha nova entrega da sección de fraseoloxía "Verbas sisudas non queren testemuñas".
Por Xosé Antonio Pena
Xa
que o prometido é debido, e que no anterior artigo dixemos que nos
iamos ocupar das locucións que en galego se utilizan para dar conta de
que alguén vai sentado nunha cabalgadura (ou mesmo en certas cousas
susceptibles de seren montadas, coma por exemplo nunha moto ou nunha
bicicleta) coas dúas pernas do mesmo lado da montura, ímonos meter en
faena:
(Montar/Ir) A la mujeriega && (Montar/Ir) A mujeriega && (Montar/Ir) A asentadas
{= Cabalgando ou montando unha persoa coas dúas pernas sobre o mesmo lado da montura.}
(Montar/Ir) De a donas
(Montar/Ir) De donas
Ex.: Uno de los más vivos recuerdos que tengo de cuando era pequeño es el de mis padres en nuestra vetusta moto: mi padre, delante, conduciendo, y mi madre, atrás, (montada) a la mujeriega.
Unha das máis vivas lembranzas que teño de cando era cativo é a de meus pais na nosa vetusta moto: meu pai, diante, guiando, e miña nai, atrás, (montada) de a donas ‡ de donas.
Ex.: La más joven de las hijas iba a la mujeriega.
A máis nova das fillas ía de a donas ‡ de donas.
● Mesmo tamén:
Montar # Ir de muller && Montar # Ir á muller
Ex.: Unha das máis vivas lembranzas que teño de cando era cativo é a de meus pais na nosa vetusta moto: meu pai, diante, guiando, e miña nai, atrás, montando de muller ‡ montada á muller.
Ex.: A máis nova das fillas ía montando de muller ‡ ía montada á muller.
● E inda incluso:
(Montar/Ir) Á mulleranga
NOTA:
As expresións galegas están tiradas das seguintes fontes:
- Recolleita propia da oralidade galega.
- Recolleita propia documental (artigos de prensa, artigos ou comentarios na Rede, obras escritas, folletos publicitarios, etc.).
- Asociación de Escritores en Lingua Galega: Sección “Palabras con memoria”, á que se pode acceder a través de Internet no enderezo seguinte: https://www.aelg.gal/palabras-con-memoria.
- García González, Constantino: Glosario de voces galegas (1985). Consultado no Dicionario de Dicionarios da lingua galega (dirixido por Antón Santamarina).
[Imaxe: Museo do Pobo - fonte: www.galiciaconfidencial.com]
Sem comentários:
Enviar um comentário