sábado, 19 de outubro de 2019

A tradución ao castelán de 'Seique', mellor ficción para as librarías de Madrid

Seique (Através, 2015) é unha non ficción que xoga a ser ficción pero que conta unha verdade. A primeira obra narrativa de Susana Sánchez Arins (Vilagarcía de Arousa, 1974) trata da posguerra, é dicir, das consecuencias sociais e políticas da instauración do fascismo na Galiza. Faino atravesada de dúbidas e incertezas, incorpora todo tipo de materiais, de coplas a ensaios, de contos a refráns. A súa tradución ao castelán, Dicen, acaba de ser premiada pola librarías de Madrid como mellor ficción.

Cubertas das versións galega e española de 'Seique', de Susana Sánchez Arins.Susana Sánchez Arins

A escritora Susana Sánchez Arins
Foto: Galipedia (Estevoaei)
Publicada este ano pola editorial De Conatus en versión da propia autora, o xurado do galardón sinala que é “unha novela diferente sobre a posguerra, é o relato dunha ferida sen cicatrizar, un exercicio de memoria dunha xeración á que se lle aprendeu que o silencio era obrigado, e de reconciliación cunha historia familiar que é á vez a historia dun país”.
Ademais considera que Seique “enfía a historia íntima da familia da escritora, dos vencedores e tamén dos vencidos e esquecidos” e conforma “un libro de indubidábel calidade que impacta pola súa narración íntegra, perspicaz e transparente e que será un descubrimento para moitos lectores”.
[Fonte: www.sermosgaliza.gal] 

Sem comentários:

Enviar um comentário