sexta-feira, 20 de setembro de 2019

«The goal», primeiro adianto do disco póstumo de Leonard Cohen, que se publicará o 22 de novembro


O traballo é posible grazas aos arranxos que fixo o seu fillo das gravacións que conservaban a voz do seu pai



Con voz grave e alma de poeta, o espírito de Leonard Cohen revivirá en Thanks For TheDance, o álbum póstumo con nove cancións inéditas que verá a luz o 22 de novembro. Segundo Sony Music, isto ha sido posible grazas ao seu fillo, Adam Cohen, que fixo os arranxos necesarios ás gravacións que conservaba da voz do seu pai, obtidas durante o rexistro do que ata agora era o seu último disco, You Want It Darker.

Pasados sete meses do falecemento o 7 de novembro do 2016, o seu fillo retirouse a un garaxe preto da casa de Leonard e recuperou esas gravacións. «Ao compor e facer arranxos da música para que se adaptase ás súas palabras, eliximos as súas marcas musicais máis características, conseguindo así que el estivese connosco», explica Adam. 

Sony adiantou onte a estrea de «The Goal», o primeiro tema que se coñece do álbum e que está dispoñible xa en plataformas de streaming. Thanks For The Dance conta coa colaboración do músico español Javier Mas, que acompañou ao mestre durante as súas últimas xiras. Nos créditos figuran ademais o famoso produtor Daniel Lanois, que achegou algúns arranxos, o coro berlinés Cantus Domus, o baixista de Arcade Fire, Richard Reed, así como Damien Rice e Leslie Feist, entre outros artistas.





Thanks For The Dance logrou continuar o baile grazas á colaboración do músico español Javier Mas, que acompañou ao mestre durante as súas últimas xiras e tomou a vez da súa propia guitarra para capturar o espírito do artista.

Nos créditos do álbum figuran ademais o famoso produtor Daniel Lanois (colaborador de U2), que achegou algúns uns arranxos marabillosos, o coro berlinés Cantus Domus, o baijsta de Arcade Fire Richard Reed, así como Damien Rice e Leslie Feist, entre outros artistas colaboradores.

Premio Príncipe de Asturias das Letras 2011 e candidato ao Nobel de Literatura en varias ocasións, Cohen naceu o 21 de setembro de 1934 en Montreal, nunha familia de emigrantes xudeus que se asentaron en Canadá. 

Ademais de escribir dez poemarios e dúas novelas, foi autor de cancións exitosas como a inmortal Suzanne, nas que narraba tanto as miserias como a grandeza da condición humana con esa voz tan persoal, entre grave, rota e enigmática, propia do chamado «trobador de voz cavernosa».




[Imaxe: Miguel Villar - fonte: www.lavozdegalicia.es]

Sem comentários:

Enviar um comentário